Lei de Conservación
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
As leis de conservación son ás leis físicas que postulan que, durante a evolución temporal dun sistema illado, certas magnitudes teñen un valor constante. Posto que o universo enteiro constitúe un sistema illado poden aplicárselle diversas leis de conservación. Están relacionadas con simetrías do sistema considerado, de xeito que a cada lei deste tipo lle corresponde unha simetría.
As leis de conservación máis importantes en mecánica e electromagnetismo clásicos son:
- Conservación da enerxía.
- Conservación do momento lineal.
- Conservación do momento angular.
- Conservación da carga eléctrica.
En mecánica cuántica e física nuclear ás anteriores engádenselles estoutras:
- Conservación do número leptónico.
- Conservación da carga de cor.
- Conservación da probabilidade.
- Simetría CPT.
Ademais das anteriores tanto en mecánica clásica (MC) como en mecánica cuántica (MQ) úsanse en certos contextos leis de conservación aproximadas, é dicir, que non son universais para todos os procesos aínda que si para unha boa parte dos procesos físicos coñecidos:
- Conservación da masa ou cantidade de materia (MC).
- Conservación do número bariónico, ver anomalía quiral (MQ).
- Conservación de aroma, violada nalgunhas interaccións débiles (MQ).
- Conservación de paridade (MC e MQ).
- Simetría CP (MQ).