Lesma
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Lesma | ||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | ||||||||||||||
|
A lesma (tamén limacha, lumacha e limaco) é un molusco gasterópodo pulmonado, sen cuncha. Realmente, as lesmas posúen un resto de cuncha, interno, formado por unha fina lámina calcárea baixo o escudo ou manto.
Orixe do termo: do latín limace por lemice.
A lesma é um animal pegañento que ten un corpo simple e habita en lugares húmidos.
As lesmas son seres hermafroditas -nun mesmo individuo encontramos os órganos sexuais femininos e masculinos- e caracterízanse polo feito de que, durante o seu desenvolvemento, a masa visceral (característica dos moluscos) sofre unha torsión, enrolándose sobre si mesma. Así, adoptan a forma espiral tan característica da cuncha dos caracois. As lesmas teñen hábitos semellantes aos dos caracois, ainda que se atopan sempre en lugares húmidos. Ao careceren de cuncha externa son máis vulnerábeis á desecación. Son moi comúns en bosques, campos e xardíns.