Static Wikipedia February 2008 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu

Web Analytics
Cookie Policy Terms and Conditions Clasificación científica - Wikipedia

Clasificación científica

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Clasificación científica ou clasificación biolóxica é a maneira en que os biólogos agrupan e categorizan especies extinguidas ou actuais de organismos. A clasificación moderna ten as súas raíces no sistema de Carlos Linneo, que agrupou as especies de acordo con características físicas compartidas. Estas agrupacións foron revisadas dende a época de Linneo para mellorar a consistencia co principio de descendencia común de Charles Darwin. A sistemática molecular, que utiliza a análise do ADN xenómico, levou a moitas revisións recentes e é probable que o continúe facendo. A clasificación científica pertence á ciencia da taxonomía ou bioloxía sistemática.

Índice

[editar] Sistemas antigos

O sistema de clasificación de formas de vida que se coñece vén do filósifo grego Aristóteles, que clasificaba animais en función do seu xeito de moverse (aire, terra, ou auga).

En 1172 Ibn Rushd (Averroes), que era xuíz (Qaadi) en Sevilla, traduciu ao árabe e abreviou o libro de Aristóteles de Anima. Os seus comentarios orixinais perdéronse, pero a súa traducción ao latín por Michael Scot chegou ata os nosos días.

O seguinte avance importante no desenvolvemento da clasificación científica levouno a cabo o profesor suízo Conrad von Gesner (1516–1565). O traballo de Gesner foi unha compilación fundamental da vida que daquela se coñecía.

A exploración de parte do Novo Mundo trouxo a continuación descripcións e especímenes de moitas novas e descoñecidas formas de vida animal. A finais do século XVI e principios do XVII comezaron os estudos coidadosos dos animais, que, dirixidos en primeiro termo a castes familiares, foron gradualmente extendidos ata que formaron un corpo de coñecemento que serviu como unha base anatómica para a clasificación. Os avances no uso de este coñecemento para clasificar formas de vida débense á investigación de anatomistas médicos, como Fabricius (1537–1619), Petrus Severinus (1580–1656), William Harvey (1578–1657), and Edward Tyson (1649–1708). Os avances debidos ao traballo de entomologos e os primeiro microscopistas foron posibles grazas á investigacion de xente como Marcello Malpighi (1628–1694), Jan Swammerdam (1637–1680), and Robert Hooke (1635–1702).

John Ray (1627–1705) foi un naturalista inglés que publicou importantes traballos sobre plantas, animais, e teoloxía natural. A solución que adoptou para a clasificación de plantas no seu Historia Plantarum foi un paso importante cara a taxonomía moderna. Ray rexeitou o sistema de division vixente, e no seu lugar clasificou as plantas de acordo coas similaridades e diferencias que se aprezaban na observación.

[editar] Taxonomía linneana

Dous anos despois da morte de John Ray naceu Carl Linneo. Do seu magnífico traballo, o Systema Naturae, houbo doce edicións durante a súa vida (primeira ed. 1735). Linneo é coñecido pola súa introducción dun método para a clasificación moderna; creou a zoolozía e botánica sistemáticas na súa forma actual.

Linneo adoptou a concepción das especies de Ray, pero fixo o concepto unha realidade práctica insistindo en que cada especie debería ter un binome único en latín, isto é, un dobre nome — a primeira metade sería o nome do xénero, común a varias especies, e a segunda metade sería unha palabra única, chamada o apelativo específico—. Esta convención chámase actualmente nomenclatura binomial, e o nome formado polas dúas partes é coñecido como nome científico ou "nome sistemático" das especies. Cando unha especie subdivídese, utilízase a nomenclatura trinomial. Para escribir correctamente un nome científico, o xénero debe comezar con maíuscula, a especie debe estar en minúscula e debe engadirse unha etiqueta de autor e detalles de publicación.

Antes de Linneo utilizábanse longos nomes de moitas palabras, ás veces con un adxectivo adicional, ás veces con outro, e, consecuentemente, en realidade no se fixaban e aceptaban nomes. O sistema de Linneo fixo doado identificar sen ambigüidade calquera especie de planta ou animal. Foi máis alá, e introduciu no seu sistema unha serie de grupos: xénero, orde, clase.

O sistema de Linneo sitúa cada organismo nunha xerarquía de grupos dispostos en capas. Cada grupo nunha determinada capa componse dun conxunto de grupos da capa inmediatamente inferior. Co simple coñecemento do nome científico composto de dúas partes, é posible determinar as outras seis capas.

Os agrupamentos (taxón) da taxonomia, de máis xeral a máis específico, son:

Poden crearse rangos intermedios engadindo prefixos, por exemplo:

  • Clase
  • Subclase
  • Superorde
  • Orde
  • Suborde
  • Infraorde
  • etc.

Adicionalmente, as especies subdivídense a miúdo en subespecies e outras categorías inferiores (ver subspecies, variedade, subvariedade e forma). En determinadas circunstancias, necesítanse prefixos alén de sub. Amáis, algunhas veces engándense algúns outros rangos. Por exemplo, poden existir dominios ou imperios sobre o nivel de reino, tribos entre os niveis de familia e xénero, e seccións e series entre o xénero e a especie.

[editar] Desenvolvementos modernos

A solución xeral que Linneo adoptou para clasificar especies e moitos dos seus grupos taxonómicos permaneceron estándar en bioloxía por cando menos dous séculos. Hoxendía acéptase amplamente que tal clasificación debería reflectir o principio darwiniano da descendencia común, de tal xeito que o taxón inclúa unha única sección da árbore evolutiva. Estes grupos chámanse grupos monofiléticos (ver tamén parafilético e polifilético).

Dende os anos 60 do século XX, unha tendencia chamada taxonomía cladística ou cladismo xurdiu como rival para a máis tradicional clasificación filoxenética. Neste esquema, os taxóns identifícanse con clados, e só poden ser monofiléticos. Frecuentemente, os sistemas de rangos da taxonomía linneana non se utilizan. Está en desenvolvemento actualmente un novo código formal de nomenclatura, pero moitas das súas regras entran en conflito cos códigos de nomenclatura establecidos (tanto para plantas como para animais), e non está claro cómo van coexistir os diferentes códigos.


[editar] Exemplos

A continuación amósanse as clasificacións habituais de tres especies: a mosca da froita (Drosophila melanogaster), os humanos, e a Magnolia Sweetbay.


[editar] Mosca da froita (Drosophila melanogaster)

Dominio Eukarya
Reino Animalia
Filo Arthropoda
Clase Insecta
Orde Diptera
Familia Drosophilidae
Xénero Drosophila
Species D. melanogaster

[editar] Humano (Homo sapiens)

Dominio Eukarya
Reino Animalia
Filo Chordata
Subfilo Vertebrata
Clase Mammalia
Subclase Theria
Infraclase Eutheria
Orde Primates
Suborde Haplorrhini
Familia Hominidae
Xénero Homo
Especie H. sapiens

[editar] Magnolia Sweetbay (Magnolia virginiana)

Dominio Eukarya
Reino Plantae
División Magnoliophyta (nome común: plantas con flores)
Clase Magnoliopsida
Orde Magnoliales
Familia Magnoliaceae
Xénero Magnolia
Especie M. virginiana

Cómpre suliñar que neste último exemplo a maioría dos taxóns chámanse como o tipo xénero, Magnolia. A magnolia sweetbay é a primeira especie do xénero citado, e é o tipo especie do xénero magnolia, e así tamén de todas as plantas con flores.


[editar] Sufixos de grupo

Os taxóns por riba do nivel de xénero son frecuentemente nomes derivados do tipo xénero. Os sufixos utilizados para formar estes nomes dependen do reino, e algunhas veces do filo e da clase, como se establece na táboa seguinte.

Taxón Plantas Algae Fungi Animais
División/Filo -phyta -phyta -mycota  
Subdivisión/Subfilo -phytina -phytina -mycotina -data
Clase -opsida -phyceae -mycetes -lia
Subclase -idae -phycidae -mycetidae -ia
Superorde -anae -orpha
Orde -ales -formes
Suborde -ineae -morpha
Infraorde -aria -formia
Superfamilia -acea -oidea
Familia -aceae -idae
Subfamilia -oideae -inae
Tribo -eae -ini
Subtribo -inae -ina

[editar] Temas relacionados

  • Nomenclatura binomial
  • Nomenclatura trinomial
  • Taxonomía
  • Código internacional de nomenclatura botánica
  • Código internacional de nomenclatura zoolóxica
  • Lista de ordes biolóxicas
  • Lista de palabras latinas e gregas comunmente utilizadas en nomes sistemáticos
  • Árbore filoxenética
  • Clasificación de virus

[editar] Enlaces externos

Static Wikipedia 2008 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2007 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2006 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu