Static Wikipedia February 2008 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu

Web Analytics
Cookie Policy Terms and Conditions Licia - Wikipedia

Licia

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Licia (Lycia, Λυκία) foi unha rexión da costa suroeste de Asia Menor entre Caria e Paflagonia. A capital foi Xanthos. O seu nome anterior foi Lukka e os gregos mencionan algúns reis lexendarios, entre eles Lico, que lle tería dado nome ao país. Os nomes de soberanos da mitoloxía grega son Ióbates, Belerofonte o Corintio, Hipóloco, Glauco, Sarpedón, Megarión e Lico. O país é chamado polos turcos Tekke ou Tekeh.

Índice

[editar] Límites e descrición física

Posición de Licia en Asia Menor
Posición de Licia en Asia Menor

Limitaba ao oeste con Caria, ao norte con Frixia e Pisidia, ao leste con Panfilia e ao sur co mar Mediterráneo (esta parte é a miúdo chamada mar de Licia). A fronteira occidental formábaa o río Glaucos e as montañas Daedala; a norte formábaa as montañas do Tauro; e o do leste as montañas Climax.

O país na súa parte norte era montañosa coas cordilleiras de Daedala, Cragos, e Massictes, que nalgúns puntos chegan aos 3000 metros, e ao leste a cordilleira de Climax. A chaira producía viño, gran, e froitas, ademais de madeira de cedro. Polo seu carácter volcánico tamén tiña fontes de nafta; en Deliktash hai un cráter de onde sae sempre lume, ao saír gas inflamado, e que probabelmente é a orixe da historia da Quimera.

Os ríos principais son o Xanthos ao oeste e o Limiros (Limyros) ou Aricandos ao leste. O lago máis importante é o actualmente chamado Avlan Golu, e tamén é preciso mencionar ao Yazer Golu.

[editar] Historia

[editar] Relatos mitolóxicos

Homero menciona ao país así como o río Xanthos e o cabo Quimera. Heródoto di que o seu antigo nome foi Milyas (Μιλυάς) e que os seus habitantes se chamaban solymi (Σόλυμοι) e tremilae ou termilae (Τρεμίλαι ou Τερμίλαι), probabelmente dúas tribos do mesmo pobo. Segundo a lenda, os tremilas ou termilas serían sometidos por unha banda de cretenses dirixidos por Sarpedón, irmán do mítico Minos, que formou un reino que chamou de Sarpedón, e que durante o seu goberno chegou unha colonia de atenienses dirixida por Lico, fillo de Pandión, expulsado de Ática polo seu irmán Egos. Sarpedón cambiou o nome do país polo de Licia en honor do seu amigo Lico. O nome Milyas (latín Milyae) foi restrinxido á parte montañosa ao norte do país, onde viviron os sólimos (solymi), mentres os termilas pasaron a chamarse licios.

[editar] Período hitita

Baixo o rei Telibinus consérvase a crónica dunha campaña contra Luhha, probabelmente Lukka, na que o rei hitita se atribúe a vitoria, pero os habitantes de lukka, por veces aliados a Arzawa e outras veces independentes, sempre se resistiron á dominación dos hititas. En Lukka era onde estaba un santuario dunha das deidades principais hititas, a deusa solar de Arinna.

Baixo Muwatallis II, Lukka apoiou ao rei hitita e enviaron un continxente á Batalla de Qadesh (sobre -1390). A rexión aparece despois debaixo dominio hitita ata a guerra civil entre Mursilis III e Hattusilis III. A situación é pouco coñecida, pero aparentemente houbo desordes e a rexión púxose baixo dirección dun home chamado Tawagalawa, irmán do rei de Ahhiyawa. Tawagalawa foi identificado co homérico Eteocles, fillo de Andreos de Orcómeno; Tawagalawa comezou a atacar territorio hitita, de xeito que Hattusilis III perdeu pronto o control da situación ao suroeste, e a xente de Lukka chegou ao río Hulaya, distrito fronteirizo con capital en Hawaliya e aos distritos veciños de Natas, Parha (despois Perge en Panfilia), Harhasuwanta e outros, de maneira que toda a costa ata Kizzuwatna quedou fóra do control do rei hitita. Os distritos fronteirizos de Wasuwatta e Harputtawana caeron en mans de rebeldes axudados por Lukka.

O aventureiro Piyama-radu de Lazba invadiu territorio hitita desde Millawanda (o rei era o seu sogro) e conquistou a terra do río Hulaya chegando ata a Terra Baixa Hitita ata Nahita. Hattusilis marchou contra os coligados e expulsounos da Terra Baixa e o río Hulaya, pero sen chegar á costa occidental nin probabelmente Panfilia. Entón nomeou ao seu sobriño Ulmi-Tesup (Kurunta), fillo de Muwatallis II, rei dun gran reino do suroeste, con capital en Tarhuntasa, que gobernou baixo o nome de Kurunta. O reino limitaba ao norte e oeste con Pitassa, Ussa e terras hititas, e para o sur e suroeste eran terras a dominar "en dirección á cidade de Saranduwa na terra do río Hulaya". Nos seguintes anos Kurunta dominou ata a costa polo sur, e ao oeste ata o río Kastaraya (Caistro) e a cidade de Parha (Perge) na chaira panfilia.

Kurunta de Tarhuntasa entrevistouse co rei de Ahhiwaya en Millawanda e acordouse a retirada dos aqueos de Lukka, que retornou a control hitita e os xefes locais apresuráronse a proclamaren a súa lealdade ao rei de Tarhuntasa e ao gran rei hitita.

En Lukka librouse seguramente unha batalla naval contra os pobos do mar, na que os hititas serían derrotados. A segunda derrota en terra, en Lawasanda, vai poñer fin ao seu imperio.

[editar] Dominio persa

Non hai fontes escritas para coñecer o que pasou na rexión despois do -1200 e se ben se cre que Creso de Lidia non puido dominar o territorio, só se sabe con certeza que foi conquistada por Persia o -546 e os licios ofreceron feroz resistencia ao xeral Harpagos, e que a cidade de Xanthos preferiu o aniquilamento (a súa xente asediada prendeu lume na cidade, que quedou destruía) antes de renderse. A comezos do século –V, os licios uníronse á revolta de Xonia, pero serían sometidos igualmente cós xonios e o país foi incluído dentro da Satrapía I (Lidia) en tempo de Darío I o grande, dentro da cal formaba unha subsatrapía. Cando Caria (outra subsatrapía) se converteu en satrapía separada, Licia formou parte dela, pero tivo algúns momentos de autonomía con Zopiros e con Kherei na segunda metade do século -V, e Pericles a principios do século –IV. É posíbel que as cidades licias pagasen algún tipo de imposto a Atenas durante a guerra do Peloponeso. A súa historia detallada baixo dominio persa non é suficientemente coñecida, pero, sen entrar en detalles, pódese dicir que conservou unha certa autonomía pagando impostos e fornecendo soldados.

[editar] Dominio macedonio

Despois do -334 produciuse a conquista de Alexandre o Grande, que vai pasar de Caria a Pisidia e Frixia a través de Licia. Os licios non ofreceron resistencia aos macedonios, ou ofreceron moi pouca. Xanthos, Pinara, Patara, e unhas trinta cidades máis rendéronse sen loitaren. A confederación licia constituíuse (ou reconstituíse) nesta época; era unha confederación de cidades libres, (organización que segundo Estrabón xa existía desde o tempo de Creso, cando as cidades se confederaron para resistiren a este rei, e que se tería mantido, polo menos parcialmente, baixo dominio persa). Estrabón menciona a confederación e a súa constitución e di que estaba formada por 23 cidades das cales seis eran as principais: Xanthos (latín Xanthus), Patara, Pinara, Olimpos (Olympus), Mira (Myra) e Tlos; cada unha tiña tres votos no consello federal; outras cidades máis pequenas tiñan dous; e o resto un só. O poder executivo da confederación estaba en mans do Liciarca (Λυκιάρχης), de elección anual ao comezo do congreso que tamén elexía aos outros membros executivos. Os xuíces e maxistrados eran escollidos por cada cidade segundo o seu número de votos e as taxas e outros deberes públicos seguían o mesmo principio. O congresos decidían sobre a paz, a guerra e as alianzas. Baixo o poder romano foi Roma a que tiña o control destes asuntos.

Alexandre deuna a Nearco, o seu almirante. Nearco posuíuna tamén baixo Antígono, uns dos diádocos de Alexandre, despois do -323, e que o -305 se proclamou rei de Sardes. Pasou aos seléucidas o -301 e aos Ptolomeos o -295, volvendo aos seléucidas o -272.

[editar] Confederación licia independente

A rexión quedou incorporada ao reino de Pérgamo despois do tratado de Apamea o -188, por concesión romana a Rodas, pero as cidades lidias, coa axuda secreto de Pérgamo, resistiron aos rodios coas armas e finalmente aos romanos, enfadados cos rodios, restauraron a súa independencia e foi neste período cando chegou á súa máxima prosperidade e desenvolvemento. Na guerra de Mitrídates, as cidades licias serían neutrais. Non foi excesivamente afectada polas incursións dos piratas cilicios.

Na guerra civil que seguiu á morte de Xulio César na metade do século –I, Bruto e Casio atacaron o país, que favorecía seica ao partido de Octavio e Marco Antonio. Cando Bruto atacou Xanthos (-42), a cidade volveu ofrecer unha resistencia teimuda, e cando Bruto puido entrar na cidade por un engano, outra vez a cidade foi destruída polos seus propios habitantes. A súa caída foi seguida pola rendición de Patara e outras cidades, e Bruto e impuxo grandes contribucións. Máis tarde Marco Antonio concedeu a Licia a exención de taxas tendo en conta estes padecementos e fixo reconstruír Xanthos.

[editar] Provincia romana

Pero xa as cousas eran diferentes e as loitas políticas crearon inestabilidade, ata que o ano 43 o país foi convertido en provincia polo emperador Claudio. Plinio di que a provincia tiña 70 cidades (incluíndo Panfilia) pero que no seu tempo se reduciran a 26. Hadriano converteuna en provincia de rango senatorial.

Ptolomeo di que no seu tempo era unha provincia separada pero seguramente permaneceu unida a Panfilia ata o tempo de Teodosio o grande, xa que hai polo menos unha inscrición que fala de “procos. Lyciae et Pamphyliae” e os dous territorios tiñan un único gobernador aínda en tempo de Constantino o grande. Baixo Teodosio, Licia e Panfilia serían separadas. A capital provincial foi Mira (Myra).

[editar] Exploración

Foi un país que permaneceu inexplorado polos occidentais ata que foi visitado por Sir Charles Fellows o 1838.

Static Wikipedia 2008 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2007 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2006 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu