Lombardía
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Lombardía é unha rexión do noroeste da Italia, con 9 millóns de habitantes e 23.854 km², e ten por capital a Milán. Situada entre os Alpes e o val do Po, limita ao norte coa Suíza, ao oeste co Piemonte, ao leste co Véneto e con Trentino-Alto Ádige, e ao sur coa Emilia-Romagna. É a rexión mais poboada da Italia.
[editar] Orixe etimóloxica
Hoxe en día, a rexión de Lombardía continúa denominándose cun termo referente aos Longobardos, tribo bárbara que dominou o norte da Italia despois dos Godos durante máis de 200 anos.
[editar] Provincias
- Provincia de Bérgamo
- Provincia de Brescia
- Provincia de Como
- Provincia de Cremona
- Provincia de Lecco
- Provincia de Lodi
- Provincia de Mantova
- Provincia de Milán
- Provincia de Pavia
- Provincia de Sondrio
- Provincia de Varese