Lorenzo Milá
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Lorenzo Milá Mencos (8 de outubro de 1960, Barcelona) é un xornalista español.
Índice |
[editar] Vida persoal
Licenciado en Ciencias da Información pola Universidade de Barcelona en 1988. É irmán da coñecida periodista e presentadora Mercedes Milá e está casado coa también xornalista Sagrario Ruiz de Apodaca, con quen ten tres fillos.
[editar] Traxectoría profesional
En 1983 comeza a súa traxectoria profesional no xornalismo deportivo, como redactor no diario Sport. En 1986 colabora en programas de TVE como El tiempo es oro, Juego de niños e Plató vacío.
En 1988 e 1989 vive en Londres traballando na canle de televisión ScreenSport (na actualidade Eurosport). Regresa a España, a TVE, onde desenvolve funcións de redactor no ámbito deportivo ata 1994. Durante eses catro anos traballa no centro territorial de San Cugat del Vallés e en 1993 presenta o programa de debate Al Grano.
En 1994 trasládase a Madrid para incorporarse ó recén nado informativo nocturno de La 2, denominado La 2 noticias como redactor e presentador onde estaría ata setembro de 2003. Neste período o noticiario, coñecido por ser menos institucional que a maioría en España e cun estilo moi persoal, recibe numerosos premios. Sunstitúeo Fran Llorente, que era xa un rostro coñecida no espazo.
Desde setembro de 2003 ata setembro de 2004 incorpórase á delegación de TVE en Washington como corresponsal adxunto para acompañar á súa muller, nomeada corresponsal principal.
Regresa a España cando Carmen Caffarel, directora xeral de Televisión Española lle ofrece o posto de presentador do Telediario nocturno, esta vez na primeira canle de TVE. Ademais Fran Llorente, o que fora o seu compañeiro, convértese no director dos servizos informativos substituíndo a Alfredo Urdaci, con este telediario consegue ser o líder de audiencia superando mesmo ó informativo de Matías Prats e converténdoo no telediario máis visto da televisión
[editar] Premios e nominacións
Premio | Ano | Categoría | Programa | Resultado |
---|---|---|---|---|
Antena de Ouro | 1997 | Televisión | La 2 noticias | Gañador |
Premio ATV | 2005 | Comunicador de Programas Informativos | Telediario | Nominado |
Premio ATV | 2004 | Comunicador de Programas Informativos | Telediario | Nominado |
Premio ATV | 2002 | Comunicador de Programas Informativos | La 2 noticias | Ganador |
TP de Ouro | 2006 | Mellor Presentador de Informativos | Telediario | Nominado |
TP de Ouro | 2005 | Mellor Presentador de Informativos | Telediario | Nominado |
TP de Ouro | 2004 | Mellor Presentador de Informativos | Telediario | Nominado |
TP de Ouro | 1997 | Mellor Presentador | La 2 noticias | Nominado |
TP de Ouro | 1996 | Mellor Presentador | La 2 noticias | Nominado |