Lou Andreas-Salomé
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Lou Andreas-Salomé (nacida como Louise von Salomé) (San Petersburgo 1861 – Göttingen 1937) foi unha intelectual ruso-alemá.
Filla dun xeneral do exército ruso, de orixe alemá, estudou na Universidade de Zurich, unha das poucas que admitía mulleres, alí realizou estudos comparativos de relixión e cursos de filoloxía, filosofía e historia da arte. En 1882 viaxa a Roma e coñece, mentres se recuperaba dunha grave enfermidade, a Malwida von Maysenburg, coñecida polo seu feminismo e os seus salóns literarios, alí faise amiga do escritor Paul Rée, amigo de Nietzsche, cos que proxecta a creación dunha comuna literaria que nunca se faría realidade.
Casou co lingüísta Carl Friedrich Andreas, logo que este a ameazase con suicidarse, pero nunca consumou o matrimonio. Residiu en Göttingen dende 1903, onde seu home era catedrático.
Amiga de grandes intelectuais como Rainer Maria Rilke ou Sigmund Freud, de quen foi discípula e tras a Primeira Guerra Mundial dedicouse á terapia psicoanalítica. En 1885 publicou a súa primeira novela Im Kampf um Gott (Na loita por Deus).