Luar
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
- Para o programa de televisión vexa Luar (programa)

O luar é a luz que chega á Terra desde a Lúa. Esta luz non se orixina na Lúa, senón que esta reflicte a que lle chega do Sol.
A superficie lunar aborbe o 93% da luz que recibe do sol polo que, ainda que a intensidade do luar varía en grande maneira dependendo da fase lunar, durante a lúa chea ilumina apenas con 0,2 lx, o que representa 500.000 veces menos que o sol. Cando se mira a lúa desde bastante altitude ou desde latitudes tropicais, a iluminancia pode chegar a 1 lx. A luz do luar non permite nen ler nen distinguir as cores, pero si orientarse e mesmo fotografar a paisaxe.
A cor do luar, en especial durante a lúa chea, aparece tinxida de azul ao ollo humano comparado coa maioría das fontes de luz artificiais.
Para os astrónomos é unha molestia, xa que o luar ilumina as partículas que se achan en suspensión no aire, provocando un resplandor no ceo que vela as placas fotográficas durante as exposicións prolongadas.
O luar considérase moitas veces un tipo de luz moi romántica.
[editar] Vexa tamén
- Luar (programa)
- Luar na Lubre
- Sonata do Luar
- Albedo