Lúa
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
- Nota: Este artigo refírese ao satélite natural da Terra. Para informacións sobre a Linguaxe de Programación Lua, vexa Lua (linguaxe de programación)
Características orbitais | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Raio medio | 384.400 km | ||||||
Excentricidade | 0,0549 | ||||||
Período de revolución | 27d 7h 43,7m | ||||||
Inclinación | 5,1454° | ||||||
É satélite da | Terra | ||||||
Características físicas | |||||||
Diámetro ecuatorial | 3.474,8 km | ||||||
Área da superficie | 38 millóns de | ||||||
Masa | 7,349 × 1022 kg | ||||||
Densidade media | 3,34 g/cm3 | ||||||
Gravidade á superficie | 1,62 m/s2 | ||||||
Período de rotación | 27d 7h 43,7n | ||||||
Inclinación axial | 1,5424° | ||||||
Albedo | 0,12 | ||||||
Temp. á superficie |
|
||||||
Características atmosféricas | |||||||
Presión atmosférica | 3 × 10-13kPa | ||||||
Helio | 25% | ||||||
Neon | 25% | ||||||
Hidróxeno | 23% | ||||||
Argon | 20% | ||||||
Metano Amonio |
trace | ||||||
Composición da crosta | |||||||
Oxíxeno | 43% | ||||||
Silicio | 21% | ||||||
Aluminio | 10% | ||||||
Calcio | 9% | ||||||
Ferro | 9% | ||||||
Magnesio | 5% | ||||||
Titanio | 2% | ||||||
Níquel | 0.6% | ||||||
Sodio | 0.3% | ||||||
Cromo | 0.2% | ||||||
Potasio | 0.1% | ||||||
Manganeso | 0.1% | ||||||
Xofre | 0.1% | ||||||
Fósforo | 500ppm | ||||||
Carbono | 100ppm | ||||||
Nitróxeno | 100ppm | ||||||
Hidróxeno | 50ppm | ||||||
Helio | 20ppm |
Satélite da Terra, visible desde esta só en parte e baixo formas distintas, chamadas fases, segundo a posición que teña respecto da Terra e o lado por onde reciba a luz do Sol. A rotación da Lúa foise sincronizando ó longo do tempo coa da Terra, de xeito que sempre se observa aproximadamente a mesma parte de superficie dende a Terra.
Índice |
[editar] Órbita da Lúa
A Lúa xira arredor da Terra, acompañándoa no seu xiro arredor do Sol. A súa órbita é elíptica, cun perixeo a 356.400 km e un apoxeo a 406.700 km, momento no que a lúa se ve máis pequena aínda estando chea (de calquera xeito, non deixa de ser unhas 25.000 veces máis brillante que Sirio).
[editar] Fases da Lúa
- Lúa crecente. Fase da Lúa desde a lúa nova ata a lúa chea. Neste caso é máis empregado cuarto crecente ou o crecente (da lúa). Chámase así porque cada día vese máis superficie lunar.
- Lúa chea. Estado da Lúa en que se ve desde a Terra todo o disco desta (a cara visible). Plenilunio (culto.)
- Lúa minguante. Fase da Lúa que vai desde a chea ata a nova. Coma no caso da lúa crecente, son máis empregadas as denominacións cuarto minguante ou o minguante, a minguante (da lúa). Devalo.
- Lúa nova. Fase da Lúa na que esta é iluminada polo Sol na cara oposta á Terra, e polo tanto non se ve máis que a súa sombra. Novilunio (culto).
- Lúa vella. É equivalente a Lúa chea.
[editar] Formación da Lúa
A orixe da Lúa é incerta, mais as similaridades no teor dos elementos atopados tanto na Lúa canto na Terra indican que ambos os corpos puideron ter unha orixe común.
Nese aspecto, algúns astrónomos e xeólogos alegan que a Lúa teríase desprendido dunha masa incandescente de rocha licuefeita primordial, recén formada, a través da forza centrífuga. Outra corrente supón que o choque dun planeta mentres desaparecido e denominado Theia aínda no principio da formación do planeta tería forzado a expulsión dunha masa de rocha líquida, que tería sido aprisionada polo campo gravitacional do corpo maior. Esta teoría recebeu o nome de Big Splash.
Hai aínda un grupo de teóricos que consideran que, sexa cal for a forma como surxiron, habería dous satélites naturais orbitando a Terra: o maior sería a Lúa, e o menor tería voltado a chocar coa Terra, formando as masas continentais.
[editar] Exploración Lunar
No comezo da década de 1960, o presidente John F. Kennedy puxo como meta para os Estados Unidos da América o envío dun Home á Lúa antes da fin desa década. Este desafío concretouse no proxecto Apollo. O 20 de xullo de 1969 Neil Armstrong converteuse no primeiro Home en camiñar pola Lúa.
Existen grupos que dubidan deste evento, alegando que a Lúa transmitida pola televisión foi un escenario montado, e todo o evento sería usado como propaganda do rexime estadounidense durante a Guerra Fría.
[editar] A Lúa na literatura
Frases formadas a partir de Lúa:
- Estar ou vivir na lúa. Non se decatar do que acontece arredor dun.
- Lúa de mel. Primeiros tempos despois do casamento. Véxase hidromel.