Ludovico Ariosto
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Ludovico Ariosto (Reggio 1474 – Ferrara 1533). Poeta italiano, autor do poema épico Orlando furioso (1516). Fillo do comandante da cidadela de Reggio, aínda que dende a súa mocidade tiña unha forte inclinación pola poesía, o seu pai obrigouno a estudar dereito, áínda que lle permitía ler clásicos baixo a tutela de Gregorio da Spoleto, ata que Gregorio marchou a Francia para ser o titor de Francesco Sforza, co que Ariosto perdeu a oportunidade de aprender grego como el quería. Cando seu pai morreu contra 1500 Ariosto tivo que coidar dos seus 10 irmáns.
Ariosto comeza a escribir Orlando furioso contra o 1505, o poema representa a culminación da epopea renancetista, publicouna despois de vinte e cinco anos de traballo, como continuación de Orlando enamorado de Matteo Maria Boiardo, e ata 1536 non se publica a a edición definitiva (a primeira edición publicouse no dialecto de Ferrara (próximo ao véneto) e a última en florentino.