Maceió
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Maceió | |
---|---|
Estado | Alagoas |
Área | 511 km² |
Poboación | 884.320 (Est. 2004) |
Fundación da cidade: | 5 de decembro de 1815 |
Altitude | 5 m sobre o nivel do mar |
Latitude | 09°55' S |
Lonxitude | 35°44' O |
Distancia de Brasilia | 2004 Km (por estrada) |
Código postal (CEP) | 57000-000 |
Administración local: | Prefeitura Municipal de Maceió rua Melo Moraes, 62, Centro |
Internet: | www.maceio.al.gov.br |
Alcalde (Prefeito) | José Cícero Soares de Almeida |
Mapa | |
![]() |
Maceió é a capital do estado brasileiro de Alagoas. Sitúase entre a Océano Atlántico e a lagoa de Mundaú, que ten grande importancia económica para moitas familias de pescadores que viven nas súas marxes.
A cidade vive principalmente do comercio e servizos, de algunhas industrias, do seu porto, pero a actividade económica que a torna máis famosa é o turismo. As belas praias da cidade, como Pajuçara e Ponta Verde, ou da súa proximidade, como a Praia do Gunga, e os paseios de barco nos recifes próximos, atraen brasileiros e tamén moitos estranxeiros. Pola presenza de tantos turistas, a vida nocturna da cidade ten diversas opcións, dende bares ata shows típicos.