Mallorca
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Mallorca é a illa principal das Illas Baleares. A súa poboación é de 777.821 habitantes e ten 3.620'42 Km². Na illa fálase a modalidade mallorquina da lingua catalá. O Consell Insular de Mallorca é a institución de goberno, administración e representación da illa.