Manuel Fraga Iribarne
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Manuel Fraga Iribarne | |||
---|---|---|---|
Nome completo: | Manuel Fraga Iribarne | ||
Data de nacemento: | 23 de novembro de 1922 | ||
Lugar de nacemento: | Vilalba, Galicia | ||
Data de falecemento: | |||
Lugar de falecemento: | , | ||
Partido político: | Alianza Popular, Partido Popular | ||
Cargo(s): | Presidente da Xunta de Galicia (1989 - 2005) Ministro de Información e turismo Embaixador no Reino Unido Senador (Actualmente) |
||
Profesión: | Político e escritor |
Manuel Fraga Iribarne (nado o 23 de novembro de 1922 en Vilalba) Político galego. Presidente da Xunta de Galicia dende o 5 de febreiro de 1990 ata o 29 de xullo do 2005.
Estudou dereito nas universidades de Santiago de Compostela e na Complutense de Madrid, licenciouse en 1944.
Índice |
[editar] Carreira política durante o franquismo
Comeza a súa carreira política durante a ditadura franquista en 1945 , ingresa por oposición co número un da súa promoción, no corpo de Letrados das Cortes Españolas. en 1947 ingresa, tamén co número un, na Escola Diplomática. Con vintecinco anos casa con Carmen Estévez Eguiagaray e acada a cátedra de Dereito Político na Universidade de Valencia. En 1953 catedrático de Teoría do estado e Dereito Constitucional da Facultade de Ciencias políticas e Económicas da Universidade Complutense de Madrid. En 1957 é nomeado Procurador en Cortes, Conselleiro Nacional, membro do Consello de Estado e Delegado Nacional de Asociacións. En xullo de 1962 e nomeado ministro de Información e Turismo, nese posto vai relanzar o turismo co eslogan de Spain is different! e cunha importante laboura de relanzamento da rede de Paradores. En 1966 presenta unha lei de prensa coñecida como Lei Fraga, que pretendía ser unha apertura do réxime eliminando a censura previa, en realidade as cousas non cambian demasiado pois o goberno mantén o dereito de secuestrar ás publicacións é castigar os seus productores. Tamén nese mesmo ano, para disipar os temores tras un accidente nuclear, báñase na praia onde un avión estadounidense deixara caír catro bombas de hidróxeno, tres en terra e unha no mar bombas de hidróxeno (coñecido como o baño de Palomares). En 1973 ocupa o posto de embaixador en Londres ata 1975).
En decembro de 1975, finado Franco, foi nomeado Vicepresidente do Goberno e ministro da Gobernación do primeiro goberno da monarquía, a súa actuación durante os sucesos de Montejurra 1976 foi moi discutida polas forzas políticas democráticas.
[editar] Líder da oposición
Fundou, en 1977, o grupo político de Alianza Popular (AP), núcleo do actual Partido Popular (PP). En 1978 apróbase a Constitución Española, apesares de que Manuel Fraga foi un dos seus redactores, opúxose a partes fundamentais do texto coma o referente ó recoñecemento das autonomías.
Nas primeiras eleccións democráticas non vai ter moito éxito, pero nas eleccións de 1982 o seu partido convértese na segunda forza política de España e Manuel Fraga convértese en xefe da oposición. En 1987 cédelle a presidencia do Partido Popular a José María Aznar e el foi elixido deputado no Parlamento europeo onde permanece ata 1989
[editar] Presidente da Xunta
En 1989 foi elixido Presidente da Xunta de Galicia por maioría absoluta. En 1993 volve gaña-las eleccións autonómicas, ampliando a maioría absoluta ao frente de PPdeG. En 1997 acada a súa terceira maioría absoluta para presidir outros catro anos a Xunta de Galicia. Durante este periodo o cambio positivo que experimentou a Comunidade autónoma en tódolos indicadores, foi recoñecido de xeito xeralizado. Autor de máis de 87 libros en castelán e 2 en galego.
Tralas eleccións ao Parlamento de Galicia do 19 de xuño de 2005, abandona o Goberno da Xunta, ao perde-la maioría polo estreito marxe dun escano de diferencia. O goberno da Xunta será ocupado polo PSdeG e mais o BNG.
O 7 de febreiro de 2006 o Parlamento Galego elíxeo senador.
[editar] Ligazóns externas
Lista de Presidentes de Galiza | ||
---|---|---|
Segue a: González Laxe |
Manuel Fraga Iribarne (1990-2005) |
Precede a: Emilio Pérez Touriño |
Partido Popular |