María Bouzas
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
María Bouzas é unha actriz galega nada na Coruña en 1962. O seu nome completo é María Xosé Rodríguez Bouzas.
Actriz de extensa traxectoria profesional, acadou gran popularidade a raíz dos seus personaxes nas series da TVG Pratos Combinados e Terra de Miranda, na que tivo un papel protagonista.
Participou así mesmo en multitude de películas e curtametraxes ademais de montaxes teatrais, algúns deles coa Compañía de Marías, da que é cofundadora xunto coa súa amiga, a tamén actriz galega María Pujalte.
Formouse como intérprte na Escola Superior de Arte Dramática de Madrid entre os anos 1983 e 1987.
É a presidenta da Academia Galega do Audiovisual desde outubro de 2006.
Índice |
[editar] Películas
- Urxa (1989), de Alfredo García Pinal e Carlos Piñeiro.
- Martes de carnaval (1991), de Fernando Bauluz e Pedro Carvajal.
- Un soño de verán (1992)
- As xoias da Señora Bianconero (1994), de Jorge Coira.
- A Metade da vida (1994), de Raúl Veiga.
- Blanca Madison (1998), de Carlos Amil.
- Arde, amor (1999), de Raúl Veiga.
- Los años borrados (1999)
- Sei quen es (2000), de Patricia Ferreira.
- Condenado a vivir (2001) (TV), de Roberto Bodegas.
- A Subela (2002), de Luis Avilés.
- El alquimista impaciente (2002), de Patricia Ferreira.
- El regalo de Silvia (2003), de Dionisio Pérez.
- Sara (2003) (TV), de Sílvia Quer.
- Heroína (película) (2005), de Gerardo Herrero.
- Abrígate (2006),de Ramón Costafreda.
- Atlas de geografía humana (2007), de Azucena Rodríguez.
- Un mujer invisible (2007), de Gerardo Herrero.
[editar] Curtametraxes
- A Repesca (1995), de Sandra Sánchez.
- Sitcom show (1996), de Ángel de la Cruz.
- Una extraña mirada (1998), de José Manuel Quiroga.
- ¿A ti como se che di adeus? (1999), de Jorge Coira.
- Si lo sé no vengo (a mi propio entierro) (1999), de Manolo Gómez.