Marc Chagall
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Marc Chagall (1887 – 1985) foi un pintor francés de orixe xudeu bielorruso, o seu nome asóciase co surrealismo.
Nado como Moishe Zakharovich Shagalov (Moishe Segal) en Vitebsk, Bielorrusia (entón no Imperio Ruso), Chagall era o máis vello de oito fillos. En 1907, Marc Chagall marcha a a San Petersburgo, alí estuda na Sociedade de Patrocinadores da Arte donde baixo a tutoría de Nikolai Roerich, en 1910 marcha a París, e entra en contacto coas novas tendencias que estaban a xurdir, en 1914 regresa á súa vila natal, logo da revolución rusa, Chagall foi comisario de arte da súa rexión, en 1923 volta de novo a París, e en 1937 obtén a cidadanía francesa. Durante a Segunda Guerra Mundial, debido á persecución dos xudeus polos nazis, Chagall deixa Francia e instálase en Nova York.
As obras de Chagall reflicten a resonancia dos soños e das fantasías, ao tempo que se inspira nas tradicións populares rusas e a herdanza xudía.