Marco Licinio Craso
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Marco Licinio Craso, en latín Marcus Licinius Crassus, (112 a.C. 53 a.C.) foi, na súa época, un dos homes máis ricos de Roma e recibiu por iso o cognome de Dives. Foi cónsul por dúas veces, no 70 e no 55 a.C., ambas xunto a Pompeio. Aínda así, a súa influencia no mundo político era limitada polo feito de ser un home ligado ao mundo dos negocios, o que non era considerado propio para un senador. Así, Craso aliouse ao patricio mozo Xulio César como o seu provedor de fondos. Chega finalmente ao poder formando, con César e Pompeio, o Primeiro triunvirato. Craso morreu nunha batalla no comando dunha expedición contra os partos que acabou nun desastre completo, principalmente debido a falta de preparación da mesma expedición. Este fallo valeulle ser recordado na expresión popular erro craso, que invoca a súa tráxica morte.
Craso tiña imnumerables negocios e propiedades, pero unha das súas formas máis peculiares de gañar diñeiro era a súa brigada anti-incendio. Os incendios eran relativamente comúns en Roma. Cando unha casa prendía lume, a brigada de Craso chegaba con un carro con auga, extinguía o lume e logo revindicaba o cobro dos seus servicios. A casa pasaba a pertencer a Craso e o antigo habitante tiña que pagar aluguer.
Craso foi tamén comandante das forzas que extinguiron a rebelión de escravos liderada por Espartaco, o que lle proporcionou popularidade e poder.