Mendinho
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Mendiño, ou Meendinho ou Mendinho (nomes cos que aparece recollido nos cancioneiros portugueses), foi un trobador galego medieval (do século XIII - ou XIV).
[editar] Vida
A súa orixe non está clara, o xograr podería proceder probablemente do sur de Galicia. Se atendemos ás referencias xeográficas so seu único poema conservado, procedería da ría de Vigo, pois menciona a Illa de San Simón, en Redondela, aínda que os autores non manteñen unha única postura. A súa cantiga de amigo está considerada entre as máis importantes da lírica trobadoresca galego-portuguesa. As súas composicións consérvanse na Biblioteca Vaticana e na Biblioteca Nacional de Lisboa.
[editar] Obra
Só se conserva unha única cantiga del, a comezada polo verso Sediam'eu na ermida de San Simón. Adicóuselle o premio do Día das Letras Galegas do ano 1998 (xunto con Xoán de Cangas e Martín Códax).