Redondela
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Redondela | |
---|---|
Situación | |
Xentilicio 1: | Redondelán |
Xeografía | |
Provincia: | Provincia de Pontevedra |
Comarca: | Vigo |
Área: | 52,1 km² |
Entidades de poboación: | 13 |
Capital do concello: | Redondela |
Latitude e lonxitude: | 42º 17` Norte 8º 36` 5`` Oeste |
Altitude máxima: | 458 m. m. |
Altitude mínima: | 0 m. m. |
Zona horaria: 2 | UTC + 1 |
Demografía (2004) | |
Poboación: | 29.863 hab. |
Densidade: | 560 hab./km² |
Uso do galego 3 (2001) | |
Galegofalantes sobre o total da poboación: | % |
Falantes do galego no tramo 5 a 29 anos | |
Sempre: | % |
Ás veces: | % |
Nunca: | % |
Política (2003) | |
Concelleiros 4: | PPdeG ' (votos - %) BNG ' (votos - %) PSdeG-PSOE ' (votos - %) Outros: -' (- %) |
Alcalde: | Xaime Rey Barreiro (PSdeG-PSOE) |
Eleccións municipais en: 'Redondela' | |
Censo electoral (2003) | |
Total electores: | - 100 % |
Votantes: | - % |
Abstencións: | - % |
Votos en branco: | - % |
Votos nulos: | - % |
Orzamentos 5 (2000) | |
Total ingresos: | € |
Tributos propios por habitante: | € |
Transferencias por habitante: | € |
Consumo público por habitante: | € |
Gasto de capital por habitante: | € |
Enderezos | |
Enderezo físico: | |
Teléfono: | |
Fax: | |
Código Postal: | 36800 |
Correo electrónico: | |
Sitio web oficial: | http://www.cidadesdixitais.org/isum/Main?ISUM_Portal=5 |
|
|
Notas: | 1 Véxase no Galizionario. 2 No verán: UTC + 2. |
Concello da Provincia de Pontevedra en Galiza. Pertence á Comarca de Vigo.
Poboación: 29.863 2003 e 30.029 2006 persoas segundo o Padrón municipal de habitantes.
Xentilicio (véxase no Galizionario) : Redondelán
O concello de Redondela está emprazado no sudoeste de Galiza, na marxe esquerda da ría de Vigo, xusto diante da enseada de San Simón, onde se atopa o arquipélago dese nome e desemboca o río Alvedosa, ao que se xuntou o Maceiras no centro da vila e o Pexegueiro case na súa desembocadura.
A súa superficie é de 52,1 km2, e limita polo norte con Soutomaior, polo leste con Pazos de Borbén, polo sur con Mos e con Vigo e polo oeste coa ría, estando dividido en catorce parroquias, dúas delas conformando o centro administrativo: Redondela e Vilavella, amais de por Chapela, Trasmañó, Cedeira, Negros, Cabeiro, Vilar de Infesta, Saxamonde, Quintela, Reboreda, Ventosela, O Viso e Cesantes. Actualmente (2004), o termo municipal é o cuarto da provincia e o décimo de Galicia en poboación, superando xa os trinta mil habitantes.
Índice |
[editar] Lugares de Redondela
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Redondela vexa: Lugares de Redondela. Redondela ten múltiples lugares co encanto labrado co paso dos anos. Entre estes os distintos lugares de intérese hay que destacar os seguintes polo seu vaor histórico, paisaxístico e medioambiental.
Monte da Peneda.
Curiosa montaña con forma cónica, que posúe restos da cultura castrexa, o coñecido como Castro da Peneda, do que actualmente se conserban as súas murallas exteriores. Na Idade Media pertenceu ao señorío de Soutomaior, liderado polo lexendario Pedro Madruga. Nesta etapa construíronse diversos castelos no seu cumio, ata que as loitas entre a Igrexa e os señores feudais rematou coa queima do último castelo que presidiu A Peneda.
No século XVIII sufriu un proceso de cristianización e construiuse a actual Hermida da Peneda, que é a que hoxe en día preside o magnífico mirador que posúe este monte que se levanta aos 329 metros de altitude sobre o nivel do mar. Dende o seu cumio pódense divisar toda a ría de Vigo, ata as illas Cíes nun día despexado. Tamén se contempla a vila de Redondela e a desembocadura e o val dos ríos Verdugo e Oitavén, así como, o castelo de Soutomaior.
Monte Penide.
Este monte exténdese por amplias zoas das parroquias de Cedeira, Trasmañó, Negros, Chapela e Cabeiro. Nesta zoa podemos encontrar numerosos xacementos arqueolóxicos, tanto da idade de bronce como da etapa castrexa. Desta forma, na zoa encóntranse máis de 30 túmulos funerarios prehistóricos, entre todos eles destaca A Mámoa do Rei, cunha gran cámara interior. Nesta zoa tamén destacan os numerosos gravados rupestres, con ata un total de once estacións. Por último cabe destacar o Castro de Negros, que como indica o seu nome foi un asentamenteo castrexo.
Deste monte tamén cabe destacar que se trata dun entorno natural de importancia, con áreas de ocio e descanso como a zoa de Poza Lágoa. Ademais hai numerosos miradores a Ría e a vila de Redondela, como son as vistas dende Coto Fenteira, lugar de múltiples petroglifos e o propio mirador de Castro de Negros. Esta zona tamén é atravesada polo Sendeiro das Greas.
Enseada de San Simón.
Forma parte da Rede Natura 2000 e inclúese na Rexión Bioclimática Atlántica. Trátase da punta da Ria de Vigo, dende o estreito de Rande ata a desembocadura do Rió Oitavén no concello de Soutomaior. Esta zoa está presidida pola illa de San Simón, que é un lugar máxico do concello. A enseada conta coas praia de Cesantes dentro do Concello de Redondela que é un areal de gran lonxitude, destacando a zona coñecida como punta da praia, que conta ademais cun paseo marítimo apto para as actividades lúdicas e recreativas.
A enseada de San Simón ten unhas características peculiares que favorecen a práctica dos deportes naúticos e de vela. Destacando a práctica de Wind-surf e a iniciación á vela lixeira, xa que se encontra rodeada de terra o que favorece a aparición de brisas aptas para estas actividades, mentres se mantén o mar en calma gracias a que se trata dunha zona refuxiada.
As carácterísticas especiais da zona permiten a explotación pesqueira e marisqueira da zona, na primeira actividade sobresae o Choco, cefalópodo característico da zoa e que posúe unha festa de exaltación en Redondela, a festa do Choco no mes de maio.
Illa de San Simón.
A enseada dalle nome esta illa, cargada de historia e cunhas peculiaridades moi características, sobresae a lingua de área que dende a praia parece unir coa illa, pero que no chega a facelo. Esta illa estivo ocupada polos templarios nos séculos XII e XIII ata que a excomulgación e disolución de esta orde deixa a illa en mans da Coroa de Aragón que a dona o Obispado de Tui no ano 1370 en agradecemento a súa fidelidade. Nestes últimos séculos da idade media realizanse numerosas romerías na illa, e neste contecto enmarcase a coñecida cantiga do trovador Mendinho ambientada na illa de San Simón. A día de hoxe hai un busto de este autor na illa, así como, dos outros dos grandes trovadores medievais de ría. Jhoan de Cangas e Martin Codax.
A idade moderna na illa de San Simón comeza cunha batalla no contexto das revoltas irmandiñas, que se salda coa ferida de gravidade de don Fernando Andrade representante de Soutomaior. Nos anos posteriores combinarase a ocupación relixiosa da illa con períodos de abandona e asaltos e saqueos a illa por parte dos piratas británicos comandados por sir Francis Drake.
En 1702 chega un episodio histórico, a coñecida como batalla de Rande, que enfrentou as tropas anglo-holandesas cunha coalición francesa-española, das que redultaron vencedoras as primeiras. Despois da batalla saquean toda a costa e é incendiado o monasterio de San Simón, despos dunha reconstrucción volve a ser destríudo e, finalmente é abandoado no ano 1719, tras outro ataque inglés.
Despois de case un século de abandono, e debido as epidemias de cólera, decide instalarse en San Simón o que sería coñecido como Lazareto de San Simón, polo que tiñan que pasar os navegastes procedentes de outros países europeos. A rehabilitación da illa correu a cargo do comerciante roixano Velázquez Moreno. O lazareto inugúrouse en 1841. Estas obras configuraron a imaxe actual das illas, desta data son os edificios a ponte que une San Simón e San Antón e a muralla exterior. O lazareto resultou fundamental na evolución da ría de Vigo, ca que os barcos tiñan que chegar a él, o quie propiciou a expansión do porto e a cidade de Vigo.
O lazareto clausúrase en 1927 e coa chegada da Guerra Cívil convértese en cárcere, nel foron recluidos numerosos presos do bando republicano, fundamentalmente das zonas próximas, aínda que tamén chegaron do país vasco. O cárcere estivo operativo entre 1939 d 1944, e aínda hoxe en Redondela quedan testigos que estiverosn recluídos nos penais da illa.
A partir de 1948 convértese en residencia de verán para os membros da Garda de Franco, pero, en 1950 un accidente marítimo acabou co afogamento de corenta e tres membros da Garda de Franco, tras afundirse a súa embarcación Monchita (unha especie de xustiza poética). Isto precipitou o peche da illa, que tan só volvería a ser utilizada entre 1955 e 1963 como Fogar Méndez Núñez para a Formación de Orfos mariñeiros.
Actualemte, e despoid dunha profunda remodelación as illas están abertas o público, se ben hai que pedir autorización para poder visitalas. Despois dunha profunda rehabilitación o complexo parece estar destinado a converterse nun centro de recuperación da Memoria Histórica, con varios edificos e centro de documentación e biblioteca.
Ruta das pedras.
Ruta sendeirista de arredor de 6 km. situada na parroquia de Ventosela que une distintos lugares con formacións rochosas con características especiais. A primeira de elas trátase do conxunto rupestre da Pedreira, que é un conxunto de gravados rupestres con múltiples petroglifos, de gran intérese polas escenas ecuestres e así como polo tamaño dos círculos concéntricos.
Pedras agudas. Que levan asociadas varias lendas, tanto pola súas formas diversas como polo seu subterráneo. Laxe das Abellas. Zona dunha beleza singular o tratarse de formacións rochosas graníticas lisas de gran tamaño e en pendente das que brota auga do seu interior, do interior da montaña. Son a cabeceira de diversos regatos. A pedra Taió. Formación rochosa natural que simula un refuxio, entorno a ela coñecense numerosas lendas sobre mouros e tesouros, ademais de enigmático do seu nome. Dende esta zona pódese visualizar unha magnífica vista sobre a Ría de Vigo e a vila de Redondela. A Pedra que Fala. Rocha que permite introducirse nela e falar do no seu interior escoitando múltiples reverberacións. Pedra Erosionada. Pedra de curiosa formación, a causa da peculiar eroción sifrida con múltiples fonduras e círculos.
[editar] Rutas de sendeirismo
O concello de Redondela pola súa situación e características reúne as condicións propicias para a práctica do senderismo e dos deportes como a BTT ou os paseos a cabalo. Polo concello atravesan ata tres sendeiros de Gran Percorrido, os coñecidos como G.R., ademais de outros doús de carácter local se ven estan en proceso de homologación. O máis coñecido e o Sendeiro das Greas, que no tramo do Concello de Redondela coincide co Sendeiro Rural de Galicia. G.R. 94. O outro Sendeiro de Gran Percorrido é os camiño da Franqueira que actualmente está en rehabilitación.
Ademais polo concello pasa o camiño portugués a Santiago, que propiamente non se trata dunha ruta sendeirista pero que presenta unhas características similares, aparte de presentar unha gran riqueza patrimonial e arquitectónica. No concello de Redodela tamén hai dúas rutas de carácter local como a coñecida como ruta da auga,q ue vai polos tramos utilizados para levar a auga a cidade de Vigo e que se está a adaptar para convérterse en ruta para bicicleta de montaña. Na parroquia de San Martiño está a coñecida como Ruta das Pedras, de singular beleza. Sendeiro das Greas
[editar] Restos arqueolóxicos
O concello de Redondela caracterízase por ser un dos concellos onde se atopan máis restos arqueolóxicos. Descata o complexo funerario do Monte Penide, un enorme cemiterio do período neolítico e da idade de bronce, no que se poden encontrar numerosas mámoas e petrogrifos, entre eles destaca A Mámoa do Rei.
Tamén se poden encontrar gravados rupestres na parroquia de Ventosela no conxunto A Pedreira, un conxunto de gran relevancia pola abundancia de gravados, o seu tamaño e as escenas ecuestres. É unha das estacións da Ruta das pedras.
Os miliarios. No concello de Redondela encontránronse un total de 5 miliarios, que a excepción do de vilar de infesta, se encontran no museo de Pontevedra. Os encontrados foron nas parroquias de Cesantes (2), Quintela e Saxamonde. O milario de Vilar está no límite con Mos e, aínda hoxe en día, se lle mantén o culto froito da cristiniazación data do Século II. No seu día intentouse trasladar o Museo de Pontevedra, pero os veciños o impediron.
[editar] Monumentos
Os viaductos de Redondela.
A vila de Redondela está presidida por dous viaductos do S.XIX que están considerados como BIC (bens de intérese cultural). Son o viaducto de Madrid, que actualmente se encontra en desuso e o viaducto de Pontevedra, que aínda hoxe continúa operativo e circula por el o transporte ferroviario. Debido a estas dúas infraestructuras Redondela é coñecida como a "Vila dos viaductos".
O máis antigo é o Viaducto de Madrid, construído seguindo o modelo de Eiffel, en Redondela combínouse coa técnica da cantería tradicional para facer os pilares de Pedra. Esta ponte entrou en funcionamento o 30 de xuño de 1876, sendo parte da liña Vigo-Ourense. Este viaducto soportou o paso dos trens durante máis dun século, sen embargo a Compañía de Ferrocarrís nunca aprobou as obras. Isto provocuo o suicidio dun dos seus mentores polo restraso dos pagos, tirándose dende o alto de este viaducto. É o de máis lonxitude cun total de 411 metros.
O Viaducto de Pontevedra, inagúrase o 30 de xuño de 1884, nace da necesidade de comunicar a liña Ourense-Vigo con Pontevedra. O seu tramo principal está conformado por vans metálicos e utilízase a cantería granítica para os tramos de acceso. Na actualidade aínda está en servicio e pasan por el os trens da liña Vigo-Pontevedra.
O patrimonio relixioso.
Unha das características do Concello é a abundancia de elementos patrimoniais de carácter relixioso de gran valor como son os Cruceiro e os Peto de ánimas. Ademais no apartado relixioso destacan varios edificios como o "Convento" da parroquia de Vilavella ou a igrexa barroca de Cedeira. Por todo o concello pódense observar numerosos cruceiros de pedra asociados a ritos relixiosos e que sobre eles extendense numerosos ritos e lendas. Xeralmente están situados en encrucilladas de camiños e en lugares de boa visibilidade. O cruceriro está composto polas seguintes partes:
_Plataforma.
_Pedestal ou base.
_Fuste ou varal.
_O capitel.
_A cruz.
No concello tamén hai varios petos de ánimas, elementos funerarios de culto os mortos, xa que antes de ir ó ceo as "ánimas" deben pasar polo purgatorio. Son monumentos relacionados coa cultura os mortos existentes en Galicia. Moitos de estes "petos de ánimas" aínda conservan o seu carácter máis relixioso e se lle rinde culto. Estes monumentos teñen tres partes fundamentais o pedestal, o retablo e a cruz. Neste mesmo grupo de monumentos reliosos tamén podemos encontrar un considerable nuemro de cruces de pedra, que se clasifican en dous grupos altas e baixas.
O listado de estes monumentos no concello de Redondela é o seguinte:
Reboreda: 10 cruceiros. Cesantes: 5 cruceiros, 1 cruz baixa, 1 peto. O Viso: 5 cruceiros, 2 cruces altas e 1 peto de ánimas. Cedeira: 2 cruceiros, 1 cruz alta, 1 cruz alta e 2 petos. Redondela: 5 cruceiros e 1 peto de ánimas. Chapela: 2 cruceiros, 1 peto de ánimas. Cabeiro: 2 cruceiros, 1 cruz baixa. Quintela: 2 cruceiros, 1 cruz baixa. Saxamonde: 1 calvario, 1 cruceiro e 1 peto de ánimas. Trasmañó: 1 cruceiro, 2 cruces altas. Ventosela: 2 cruceiros. Vilar de Infesta: 2 cruceiros. San Esteban: 1 cruceiro.
Igrexas.
O concello de Redondela posúe a lo menos unha igrexa por parroquia con as características peculiares de cada unha de estas, e os elementos patrimonias que conteñen cada unha destas. De todas formas é necesario destacar a importancia de igrexa parroquial de Santiago de Redondela e da igrexa barroca de Cedeira.
Igrexa parroquial de Santiago. Situada no casco antigo, na súa zona máis alta, está situado en pleno camiño de Santiago, despois de múltiples reconstruccións a igrexa actual está datada no século XVI, e é de estilo gótico tardío.
Igrexa parroquial de Cedeira. No século XVIII prócedese a ampliación de ata daquela pequena igrexa parroquial, e contrátase para tal obra o arquitecto de moda na actualidade o arquitecto Fernando de Casas e Nóvoa, que nese momento estaba en plana cosntrucción da fachada do obradoiro da catedral de Santiago. En Cedeira realiza unha igrexa barroca de cruz latina cunha soa nave distribuída en dous tramos. Chaga ata os nosos días de forma casi inalterada.
Convento de Vilavella. Situado na parroquia de Vilavella cerca do centro de Redondela, foi fundado no 1501 e estivo ocupado polas monxas de San Lourenzo Xustiniano, e do seu trazado orixinal consérvase a igrexa de cinco tramos.
[editar] Aloxamentos
O concello de Redondela carece de hoteis propiamente ditos, sen embargo os visitantes que cheguen a vila pódense hospedar en algúns dos hostais da localidade, ou, nalgunha das casas de turismo rural. Ademais na praia de Cesantes hai un camping a pé de praia.
Hostal Antón. 15 prazas. Soutoxuste, 8 O Viso. 986 495 136
Hostal Antolín. 17 prazas. Praia de Cesantes. 986 495 346
Hostal Brasil. Estrada N-550. Redondela-Tui. 986 402 251
Hostal Bahía de Chapela. 12 prazas. Avnd. de Redondela 6, Chapela. 986 402 251
Hostal Xardín. 10 prazas. Avnd. de Redondela 81, Chapela. 986 454 274
Hostal Jumboli. Carballiño, 9 Cesantes. 986 495 066
Casa Figueroa. Galleiro, 90, Vilar de Infesta. Casa rural. 986 402 663
Casa Catalina. 6 habitacións. Saramagoso, 22, O Viso. Redondela. Casa rural. 986 495 788
Pazo Torres Agrelo. 9 prazas. Asnelle de abaixo, 130 (Reboreda). Casa rural. 986 408 021
Camping Cesantes. Praia de Cesantes. 986 495 766
Casa da Torre. Albergue. 42 camas + 30 plazas. Albergue, camiño de Santiago. 986 404 196
[editar] Praias
No concello de Redondela hai dúas praias principais: a praia de Cesantes (na parroquia de Cesantes) e a praia de Arealonga (na parroquia de Chapela). Ademais nos 15 km. de costa do concello de Redondela pódense encontrar algúns pequenos areais máis tranquilos e de díficil acceso, que, sen embargo, constituén lugares máis exóticos.
Praia de Cesantes. É a máis longa de todo o concello, destacando a zona coñecida como "A Punta da praia", que conta cun paseo marítimo, un parque para nenos, un gran areal e numerosos locais e bares próximos a praia. Tamén conta cun camping sendo a máis turística de todo o concello. É unha praia situada na Ensenada de San Simón e o seu areal exténdese ata casi tocar a illa de San Simón. Polas súas particulares características está especialmente indicada para a realización de deportes naúticos (especialmente Windsurf).
Praia de Arealonga. Situada na parroquia de Chapela, posúe un parque para cativos, pero o que destaca de esta praia é o paseo marítimo construído recentemente que permite disfrutar do paseo o borde do mar. Nesta zona atópanse varios bares e restaurantes especializados en pratos típicos da ría.
[editar] Personalidades de Redondela
- Ignacio Ramonet (n. 1943). Director de Le Monde Diplomatique.
- Mendinho
- Antero Rubín
- Pedro Floriani
- Francisco Sobral
[editar] Véxase tamén
Referencias relacionadas con Galicia |
||
[editar] Ligazóns externas
- Sitio web oficial do concello de Redondela no proxecto 'Cidades dixitais' con información sobre as parroquias
- Web oficial de turismo
- Web non oficial do pobo
- Historias de Redondela na Rede
- Agrupación Folclórica Terra Meiga do Viso
- Festival Noite da Lua Meiga
- Agrupación Folclórica O Carballo das Cen Pólas