Miguel Ángel Muñoz
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Miguel Ángel Muñoz é un actor e cantante español, nado en Madrid o 4 de xullo de 1983.
Índice |
[editar] Formación
Muñoz debutou como actor con 9 anos, interpretando un pequeno papel no filme El palomo cojo. Tamén tivo algunhas pequenas aparicións en series de televisión españolas, como Al salir de clase, Periodistas ou Hospital Central. En 2003 fixo algúns traballos de dobraxe e aparicións en filmes pouco difundidos.
[editar] Un paso adelante
Chegou á popularidade en 2002 interpretando o personaxe de Rober Arenales na teleserie Un paso adelante. Esa serie, ambientada nunha escola de danza, valeulle para darse a coñecer tamén como cantante. Fixo primeiro diversas xiras e actuacións co grupo de intérpretes da serie, chamado UPA Dance, e logo en solitario (2006) publicou un álbum baixo o nome de M.A.M..
[editar] Discografía
[editar] En UPA Dance
- 2002: Upa Dance
- 2003: Upa Dance Edición Especial
- 2003: Live (concerto de Almería)
- 2005: Contigo
[editar] Como solista
- 2006: Miguel Ángel Muñoz, do que se estraíu o sínguel Dirás que estoy loco.