Miguel II
Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Miguel II, chamado Psello, "o tatexo," ou "o Amoriano" (770-829), reinou como emperador bizantino de 820 a 829. Nacido en Amorio en Frixia, comezou a súa carreira como soldado, pero grazas ao seu talento chegou a ascender ata o xeneralato.
Apoiara que o seu antigo compañeiro de armas fose nomeado emperador como León V o Armenio (813), pero, cando se descubriu que Miguel participara nunha conspiración contra este, foi condenado a morte en decembro de 820. Con todo, os seus partidarios tiveron éxito no asasinato do emperador León e sacaron a Miguel de prisión para colocalo no trono imperial como primeiro representante da dinastÃa amoriana.
O seu reinado caracterizouse por varios feitos: a loita contra o seu irmán Tomé, que tamén aspiraba ao trono (822-824); a conquista de Creta polos árabes en 823, e o comezo dos ataques musulmáns contra Sicilia (827).
Malia as súas simpatÃas iconoclastas, logrou conciliarse cos iconódulos (adoradores de imaxes), pero non puido evitar a hostilidade dos monxes por mor do seu segundo matrimonio con Eufrosine, filla de Constantino VI, que fora ordenada monxa anteriormente.
Imperio Bizantino | ||
---|---|---|
Segue a: León V o Armenio |
Miguel II (820-829) |
Precede a: Teófilo |
DinastÃa Amoriana |