Miryam Gallego
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Miryam Gallego é unha actriz galega nacida en Ourense, España en 1976.
Índice |
[editar] Biografía
Os seus primeiros papeis como actriz interpretounos en Galicia, facendo pequenos papeis en series como Pratos combinados, da TVG.
Máis tarde empeza a facer papeis episódicos en series coma Policías, en el corazón de la calle, ata conseguir un papel fixo en Periodistas, onde traballou durante varias temporadas, e posteriormente noutra serie, Lobos, con menos éxito.
Tamén fixo teatro e, en menor medida, cine.
En canto á súa vida persoal, a súa parella é Eduardo, fillo da falecida escritora Dulce Chacón. Teñen unha filla en común, Luna.
[editar] Películas
- El concursante (2006), de Rodrigo Cortés. Como Laura.
[editar] Televisión
[editar] Personaxes fixos
- Periodistas (serie de televisión) (2000-2002). Como Claudia Montero. Telecinco.
- Lobos (2005). Como Lucía Lobo. Antena 3.
[editar] Personaxes episódicos
- Pratos Combinados (1995)
- El comisario (2000). Telecinco.
- Policías, en el corazón de la calle (2000). Como Sonia. Antena 3.
- Aida (2006). Telecinco.
[editar] Teatro
- Arsénico, por favor (2003), dirixida por Gonzalo Suárez. Como Elena.