Monte Fuji
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Monte Fuji | |
---|---|
Monte Fuji ao nacer do sol |
|
Elevación: | 3,776 m |
Latitude: | 35°22′ N |
Lonxitude: | 138°44′ E |
Localización: | Honshu, Xapón |
Tipo: | Estratovolcán |
Última erupción: | 1707 |
Primeira subida: | 663 por un monxe anónimo |
O Monte Fuji (富士山 Fuji-san), na illa de Honshu, é a máis alta montaña do Xapón. É un volcán activo, se ben está considerado de baixo risco de erupción.
Aínda que o Monte Fuji pareza ser un cono único e simétrico, no interior é máis complexo do que se poida imaxinar. O cono que nós chamamos de Monte Fuji está realmente constituído por tres volcáns sobrepostos: Komitake, Older Fuji e Younger Fuji. Un ollar atento e próximo da silueta das montañas revela irregularidades que son resultado desta sobreposición. Por exemplo, unha lixeira elevación da inclinación na zona norte da montaña, a cerca de 2.301 metros de altitude, fai parte do cume do cráter de Komitake, o máis antigo dos tres volcáns, que estivo activo durante o Pleistoceno. O Older Fuji estivo activo entre 80.000 e 10.000 anos atrás. Os acontecementos volcánicos que tiveron lugar nos últimos 10.000 anos contribuíron para o crecemento do Younger Fuji, a montaña que vemos actualmente.