Mottetto
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Na poesía italiana, un mottetto é unha composición popular breve que inclúe un lema, unha sentencia ou algo semellante. Non ten un esquema regular, mais xeralmente está formado por sete ou oito versos, case sempre endecasílabos e heptasílabos.
Na música italiana, un mottetto é unha composición musical polifónica vocal ou vocal e instrumental. Como forma musical, naceu no século XIII como elaboración a dúas ou tres voces sobre unha melodía preexistente (normalmente himnos gregorianos) e que xustapuña textos diversos, de maneira que se poidesen articular as palabras como mellor se adaptasen ao ritmo e á memorización. Dous séculos máis tarde, o papel de parte melódica principal pasou do tenor á soprano, permitindo a libre invención dos compositores. En consecuencia, as voces secundarias acabaron realizándose en versións instrumentais. O moteto decaíu coa aparición do oratorio. Entre os autores célebres de mottetti destacan Palestrina, Monteverdi, Bach, Brahms e d'Indy.