Na Galipedia, a wikipedia en galego.
- Mouro é a denominación que se lle outorga a un grupo de xente que se pode englobar como mahometano e/ou árabe, dun xeito non ben definido, con raíces na reconquista, na que se lle aplicaba ós reinos de reis e maioría non cristiá.
- Relacionado co anterior, creouse un tipo de mitoloxía, e segundo a tradición popular os mouros e as mouras son os constructores e habitantes dos túmulos, castros, etc. Os MOUROS viven baixo terra, levan unha vida similar á dos humanos e en moitos casos relacionanse con estes. Esta tradición dos mouros ten similitudes noutras tradicións coma a escocesa, a irlandesa, a bretona, a córnica, a norueguesa, a finesa, a sueca, a xermana, a catalana, a balear, etc, entroncadas coas historias particulares de cada un deses pobos. Ademáis de mouros, mistúranse cos nomes de XENTÍS, CARLISTAS, FRANCESES, FACCIOSOS, CELTAS, VIQUINGOS, FENICIOS, CARTAXINESES, ÁRABES, ROMANOS, NEGROS, SEÑORITOS ou INDIOS. Ás MOURAS aplícaselles en cambio unha gran beleza e a vida en fontes, castros, mámoas, etc. Reciben outros nomes como DONAS, MOZAS, MULLERES, SEÑORITAS, SEÑORAS, MADAMAS, ENCANTOS, PRINCESAS ou RAIÑAS. A referencia ós mouros ou mouras aparece normalmente asociada a outra denominación dos monumentos que funciona neste caso de xenérico: CASA DOS MOUROS, FORNO DOS MOUROS, CAPELA DOS MOUROS, CORTELLO DOS MOUROS, ALTAR DOS MOUROS, COVA DA MOURA, MONTIÑO DA MOURA, etc.