Museo Exipcio do Cairo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Museo Exipcio do Cairo, actualmente nomeado tamén Museo de Antigüidades do Cairo, é un museo dotado duns vastos fondos arqueolóxicos exipcios de toda clase, que se atopa situado na capital Cairo. Depende do Consello Supremo de Antigüidades, organismo gubernamental encarregado do patrimonio histórico do país, que depende a súa vez do Ministerio de Cultura.
Aínda que os obxectos máis apreciados son os relacionados con Tutankhamon (especialmente a súa máscara de ouro), o museo posúe obxectos de todas as dinastías, da máis variada natureza, desde obxectos de uso diario ás momias de faraóns e altos persoaxes. En total os obxectos expostos calcúlanse en 136.000 (outras fontes indican 120.000), outros varios centenares de miles están conservados en almacéns.
O museo foi creado en 1835, nun intento do goberno por coutar a exportación incontrolada de todo tipo de artefactos antigos. Abríu as portas en 1858 con as coleccións recollidas por Aguste Mariette, arqueólogo francés ao servicio de Isma'il Pasha. No 1880 o museo estaba sito no mesmo pazo de Isma'il Pasha en Giza. En 1900 o museo adquire a súa actual sede, un edificio de estilo neoclásico, construído a posta, na Praza Tahrir, no centro do Cairo.
A Sala das momias, que contén 27 momias reais de época antiga, foi pechada ao público en 1981, por orde do entón presidente exipcio, Anwar Sadat. Desde 1985 foi reaberta cunha selección de momias de reis e raíñas do Reino Novo, das que só é visíbel o rostro.