Número CAS
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O número rexistrado CAS é unha identificación numérica única para compostos químicos, polímeros, secuencias biolóxicas, preparados e aliaxes. Referenciado tamén como CAS RNs (en inglés CAS registry number). Chemical Abstracts Service (CAS), é unha división da Sociedade Química Americana, asigna estes identificadores a cada composto químico que foi descrito na literatura. CAS tamén mantén unha base de datos dos compostos químicos, coñecida como rexistro CAS. Algo máis de 23 millóns de compostos están numerados e catalogados, con arredor de 4.000 novos cada día. A intención é realizar unha procura na base de datos unificada, dado que a miúdo se asignan distintos nomes para o mesmo composto. Case todas as moléculas actuais permiten unha procura polo número CAS.
Para atopar en número CAS dun composto coñecendo o seu nome, fórmula química ou estrutura, pódense utilizar, as seguintes fontes:
- NIH ChemIDplus
- NIST's Chemistry WebBook
- Cambridge Soft's Chemfinder