Nakajima Ki-49
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Nakajima Ki-49 | |
---|---|
Tipo | Bombardeiro |
Fabricante | Nakajima |
Primeiro vóo | agosto de 1939 |
Construídos | 819 |
O Nakajima Ki-49 Donryu (dragón da tempestade) foi un bombardeiro pesado xaponés da Segunda Guerra Mundial. Surxiu por un requerimento de 1938 para un substituto do bombardeiro Ki-21 e voou por primeira vez en agosto de 1939. Era un bo avión, pero quedou ensombrecido polas grandes cantidades de Ki-21 e polo mellor Ki-67. Construíronse 819 unidades e os aliados alcumárono "Helen".