Nicole-Reine Lepaute
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Nicole-Reine Etable de la Briere Hortense Lepaute (1723-1788)
Traballau na prediccións da volta do cometa Halley en 1759. Tal traballo requeriu gran cantidade de cálculo, especialmente para determinar o efecto gravitatorio de Xúpiter e Saturno na órbita do cometa. No 1762 fixo os cálculos para o eclipse de Sol de 1764, visible en Francia, así como produciu unha táboa que amosaba o tempo e porcentaxe do eclipse (visible en toda España), traballo no que axudou ó astrónomo francés Joseph Lalande. Escribiu un artigo (publicado en “Connaissance des temps”) sobre el, dando un mapa da extensión do eclipse de 15 en 15 minutos a través de Europa. O seu marido era reloxeiro real de Francia, e na súa axuda fixo unha táboa co número de oscilacións por unidade de tempo dos péndulos de distintas lonxitudes para o libro que se publicaría co nome do seu home, Traité d`horloguerie.