Cometa Halley
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O cometa Halley é un cometa brillante de período intermediario que retorna ás rexións interiores do sistema solar cada 76 anos, aproximadamente. Orbita en torno do Sol na dirección oposta á dos planetas e ten unha distancia de perielio de 0,59 unidades astronómicas; no afelio, a sua órbita estendese alén da órbita de Neptuno. Foi o primeiro cometa en ser recoñecido como periódico, descuberta feita por Edmund Halley en 1696, co que demostrou que os cometas eran corpos que tiñan órbitas cerradas moi excéntricas . O cometa foi rexistrado por primeira vez en 240 a.C. e mostrouse visíbel a ollo en todas as súas 30 aparicións rexistradas.
Nos anos 374, 607, 837 e 1066, presentaba un brillo maior que a máis brillante das estrelas do hemisferio norte. A aparición de 1066 ficou rexistrada nas tapizarías de Bayeux. O brillo do cometa, cando está no perielio, ten sido interpretado como unha indicación de que este perde aproximadamente 3x1011 kg de gas e poeira en cada aparición; este valor representa cerca de 0,1% da súa masa total. As partículas de poeira maiores compoñen un grupo de meteoros que é atraído pola Terra dúas veces por ano. Isto ten como consecuencia as chuvias de meteoros Eta Aquarid, no final de abril, e Orionidas, no final de outubro. A masa deste fluxo de meteoros indica que o cometa está na media idade: foi capturado polo campo gravitacional de Xúpiter, que o obrigou a describir a órbita actual hai mais ou menos 200.000 anos atrás, nunha época en que o seu núcleo tiña aproximadamente 19 km de diámetro. Este núcleo agora ten máis ou menos 11 km de diámetro e dentro de 300.000 anos terá desaparecido completamente. O éxito da predição de Edmond Halley do retorno do seu cometa en 1759 foi considerado como unha proba sensacional da lei da gravitación de Newton. Na reaparición de 1986, a humanidade tiña xa 29 anos de era espacial e unha frota de naves espaciais, inclusive a sonda Giotto, foi enviada para observalo. Está previsto o seu retorno en 2061, tras un periplo de 76 anos.