Nomenclatura trinomial
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A nomenclatura trinomial (ou, nome trinomial) é unha forma extendida da nomenclatura binomial usada en bioloxía para identificar a cada especie de ser vivo coñecida, có fin de referirse específicamente a subdivisións menores dunha especie determinada. As máis frecuentes déstas son:
- A subespecie, en cuxo caso engádese un tercer nome sempre con minúscula detrás dos que se refieren ao xénero (con maiúscula e en primeiro lugar) e á especie (con minúscula e en segundo lugar). A modo de exemplo, pódese citar ao can, unha subespecie doméstica do lobo (Canis lupus), que recibe o nome trinomial de Canis lupus familiaris.
- A variedade ou raza, demasiado pouco definida para considerarse unha subespecie, que se identifica escribindo a continuación do nome da especie ou subespecie a abreviatura var. seguida do nome da variedade en sí. Por exemplo, o burro catalán, unha raza de asno (Equus asinus), recibe o nome científico de Equus asinus var. catalana.
Menos usadas aínda que tamén pertencentes á nomenclatura trinomial son a subvariedade (subvar.), a forma (forma ou f.), o grupo e o cultivo, cada unha de menor entidade que a anterior.
Categoría:Bioloxía sistemática