Nomenclatura binomial
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
En bioloxía, a nomenclatura binominal (tamén chamada nomenclatura binaria e, menos axeitadamente, nomenclatura binomial) é un convenio estándar empregado para denominar as diferentes especies de organismos (vivos ou xa extintos). Ás veces faise referencia á nomenclatura binominal como Sistema de Clasificación binominal.
Como suxire a palabra «binominal», o nome científico asignado a unha especie esta formado pola combinación de dúas palabras (“nomes” en latín ou de raíz grecolatina): o nome do xénero e o nome específico. O conxunto de ambos é o nome científico que permite identificar a cada especie como se tivera "nome e apelido".
A nomenclatura binominal é a norma puntual que se aplica á denominación dos taxóns específicos, pero representa só uno dos estándares da nomenclatura biolóxica, que se ocupa tamén da denominación formal (científica) de taxóns doutras categorías.
[editar] Ver tamén
Categoría:Bioloxía sistemática