Novas da Galiza
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Esta páxina está proposta para ser borrada da Galipedia.
Esta petición está sendo discutida para acadar un consenso sobre se este é, ou pode ser, un artigo apropiado para a Wikipedia. Por favor vexa a entrada desta páxina na lista de votacións para borrar para máis detalles. Se vostede pensa non que se xustifica polas políticas e normas da Wikipedia, vote en contra da súa eliminación. Por favor non quite está mensaxe nin baleire de contido a páxina mentres a proposta está sendo considerada. En todo caso, é benvida toda mellora que poida realizar na edición deste artigo, en especial se consigue correxir os problemas que provocaron que estea na lista de items a borrar.
O Novas da Galiza é un xornal de periodicidade mensual, laico, que considera que a soberanía reside no pobo galego e presidido pola tradición política da esquerda nacionalista galega.
Novas da Galiza nacía en Febreiro de 2002 e durante tres anos mantivo a distribución gratuita, repartindose en locais sociais, espazos alternativos e sedes de colectivos, con presencia tamén en Internet. En Marzo de 2005 pasou a ser vendido nas bancas, ampliando a súa cobertura territorial a toda a Galiza. O xornal disponibiliza os números na súa hemeroteca virtual no mes seguinte á saída nos quioscos.