Wikipedia:Votacións para borrar
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Para propoñer que unha páxina sexa borrada, lea antes con atención o parágrafo que ven a continuación.
Votacións para borrar é onde os usuarios da Wikipedia deciden cando un artigo ten que ser eliminado. As entradas listadas aquí, polo xeral, permanecen uns dez días aproximadamente, despois do cal algunha das seguintes accións ten lugar como resultado das decisións consensuadas da comunidade:
- Manter.
- Borrar de acordo coa Directrices da Galipedia.
- Enviar a Refacer.
- Combinar e/ou redirixir a un artigo que xa exista.
- Trasladar (mover a outro proxecto Wikimedia, como Wikibooks, Wikisource, Wikiquote, ou Wikcionario)
En primeiro lugar, comprobe o enlace "Páxinas que ligan con esta" na barra de navegación esquerda para facerse unha idea do que representa esta páxina na Wikipedia. Asimesmo, comprobe o historial da páxina para comprender a súa evolución. Entón, lea meticulosamente Wikipedia:Política e normas:Borrar antes de facer unha proposta. Unha vez teña feito todo iso, propoña a páxina para borrar seguindo as instrucións que aparecen no pé de páxina.
Sexa comprensivo cos principiantes, siga as normas de conduta da Wikipedia, sexa cuidadoso e repase o significado do seu comenentario antes de publicalo. Intente evitar que sexa malinterpretado. Asine o voto con catro (~~~~) . Os votos que procedan de usuarios que utilizan máis dunha identidade serán ignorados e o mesmo sucederá cos trolls.
Nas votacións pode usar os modelos seguintes para editar os seus argumentos e participar no debate:
{{Concordo}} | -> ![]() |
{{Discordo}} | -> ![]() |
{{Neutro}} | -> ![]() |
{{Comentario}} | -> ![]() |
Índice |
<-- Atención: Por favor, lembre actualizar o número de sección na ligazón que hai no fondo da páxina e corresponde ao número de cabeceiras principais que coinciden co número de días rexistrados -->
Para votar, siga as recomendacións que se sinalan en Comentar unha proposta de eliminación
[editar] 7 de marzo de 2007
[editar] ZP
Non creo que o alcume dun presidente ou político sexa tan relevante coma para ter un artigo enciclopédico. Creo que cunha mención do alcume no artigo do propio presidente sería suficiente e que este artigo debería ser borrado. Ademáis o artigo só ten dúas liñas, o que o fan insuficiente coma para permanecer como tal. --BaNjO talk 14:11, 7 marzo 2007 (UTC)
Concordo co borrado desta páxina. Unha mención no artigo debería chegar. --Beninho 14:12, 7 marzo 2007 (UTC)
Concordo co borrado --Lansbricae 15:43, 7 marzo 2007 (UTC)
Comentario penso que pode quedar como unha redirección. --Prevert(talk) 21:06, 7 abril 2007 (UTC)
[editar] 29 de agosto de 2005
[editar] Novas da Galiza
Aviso: este artigo permanece aquí, aínda que a decisión que se tomou en primeiro lugar foi borralo, ata que se concrete a política sobre relevancia e vangloria.
Comentario Fun eu quen propuxo o borrado deste artigo, a solución está pendente da redacción final dunha política que aínda non está dispoñible. Desde o momento da primeira proposta fóronse establecendo unha serie de directrices sobre como actuar neses casos. Pero paréceme que pasou demasiado tempo sen resolver esta proposta e debido á demora non queda outra opción que manter o artigo. Por ese motivo abro de novo a votación. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 21:05, 7 abril 2007 (UTC)
[editar] Manter
Manter--Prevert(talk) 21:05, 7 abril 2007 (UTC)
[editar] Borrar
[editar] Comentarios
Engadir unha nova entrada a lista desta páxina
[editar] Instruccións para propoñer borrar unha páxina
Nota para os usuarios que engadan entradas á lista de votacións para borrar:
Por favor lea atentamente as instrucións que se inclúen a continuación.
Para engadir a páxina chamada Nomedapáxina á lista de páxinas para borrar:
- (onde apareza Nomedapáxina abaixo, use o nome da páxina que se propoña para borrar no seu lugar.)
- Edite a páxina que queira borrar, insira {{Vpb}} na parte superior da páxina, e logo garde a páxina.
- Siga a ligazón "entrada desta páxina" ata Wikipedia:Votacións para borrar/Nomedapáxina e poña un enlace arriba á páxina que se propón borrar incluído na sub-sección como se ve a continuación:
- ===[[Nomedapáxina]]===
- Nesa sección, describa, de acordo coas nosas políticas e normas sobre borrar, porque a páxina debe borrarse. Non esqueza asinar e poñela data (usando ~~~~).
- Garde a páxina.
- Regrese a esta páxina e copie o seguinte texto:
- {{Wikipedia:Votacións para borrar/Nomedapáxina}}
- Edite esta páxina, usando esta ligazón de edición, ou o botón que hai na parte superior desta páxina, ou o enlace "[edita]" ao lado dereito de cada cabeceira coa data, pero nunca a ligazón "[edita]" xunto a entrada doutro usuario (esas cabeceiras proceden dun modelo -template-, polo tanto se o fai así estará editando no lugar equivocado); pegue o texto copiado a continuación da última entrada {{Wikipedia...}}.
- Non esqueza sustituir Nomedapáxina co nome da páxina que vostede propón borrar.
- Como cortesía, use [[Nomedapáxina]] como cabeceira da páxina de edición así os usuarios poderán ir directamente á páxina sen ter que cargar toda a lista de votacións para borrar.
- Garde a páxina.