O Pinchudo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Xosé Lorenzo Gonzalez alcumado "O Pinchudo", quen recibiu o alcume do seu avó paterno, fabricante dos "pinchos" ou gaitas de cana que se vendian nas romerias e de onde provén o sobrenome de "Pinchudo", que se portará mesmo deica as nosas xeiras, toda unha estirpe de mestres mestres gaiteiros, músicos e compositores.
"O Pinchudo" naceu nun humilde fogar de granito e planta baixa, anterga casa de labregos, coa estructura primixenia moi mudada, que hoxe en día inda segue en pé, ao nordeste da Aldea Grande (Bealo).
O 4 de Agosto do 1907, interpretou "O Pinchudo" as primeiras pezas acompañado polos "Pinchudiños", dous raparigos de sete e cinco anos cada un (O seu irmán Francisco á caixa e Manuel Quintáns, o "Machoquiñas" do Aguerio ao bombo), aos que el mesmo instruía no oficio da música. Este feito aconteceu na festa da Nosa Señoda de Exipto (Abanqueiro).
No afán de procura de coñecemento no eido musical, fixo que coincidi-se cun sabio mestre, Manuel "O Bicho" tamén alcumado "O Chosco de Rinlo". Con el aprendeu a tocar o clarinete e con el soubo do florescer da música nacionalista.
Foron moitas noites e noitaregas que virón camiñar "O Pinchudo" polas corredoiras do Abelán e Taragoña, en dirección á casa de Manuel "O Bicho". E con el, incansábel compañeiro, ía o seu irmán Francisco, o pequeno tamborileiro, ao que lleensinaba a sopar ben na requinta. Para cando chegarán a ser aptos formarían parte da Banda de Música de Rianxo, pero no correr do ano 1908, a devandita banda desartellouse, quedando os dous irmáns sen formación xa que a Banda do Araño tamén rematou por desfacerse.
Con todo isto, eles non arredaron do seu costento destino, e en Beluso, na carpinteria do señor Durán, xuntaron músicos e amigos, e aprenderon a uns solfeo e a outros a tocar ben os instrumentos. Agrupando ali a músicos de Bealo, Taragoña, Cespón, Araño e Asados. Falamos nestes momentos do nacemento da Banda de Música de Bealo.
Foi nun día luminoso e festeiro do 19 de Marzal do 1911, día de San Xosé, no adro da Igrexa Parroquial de San Pedro, escoitaronse por primeira vez os acordes da Banda de Música de Bealo.