Granito
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O granito é unha rocha ígnea holocristalina , composta esencialmente por seixo, micas e feldespato potásico, tendo como minerais accesorios frecuentes circón, apatito ou anfíboles. O granito é unha rocha empregada coma pedra ornamental e na construcción. A súa densidade é de 2700 kg/m³
A composición mineralóxica dos "granitos" é así definida por asociacións moi variables de seixo , feldespato, micas (biotita e/ou moscovita) e anfiboles (principalmente hornblenda). Algúns deses constituintes poden estar ausentes en determinadas asociacións mineralóxicas. Seixo, feldespatos, micas e anfiboles son os minerais dominantes nos granitoides.
Macroscopicamente, o seixo é recoñecido como o mineral incoloro ou afumado, xeralmente translúcido, moi común nos granitos, podéndose tamén encontrálo na cor azulada en rochas metamórficas coma no (Ollo de Sapo).
Os feldespatos (microclina, ortoclasa e plaxioclasas), son os principais balizadores do padrón cromático das rochas silicáticas, conferindo as coloracións avermellada, rosada e creme-acincentada nos granitos homoxéneos (isótropos) e orientados/movimentados (anisótropos).
A cor negra variablemente impregnada na matriz das rochas silicáticas é conferida polos minerais máficos (silicatos ferro-magnesianos), sobre todo anfibol (hornblenda) e mica (biotita).
Nos granitos máis leucocráticos ("claros"), polo tanto con menor cantidade de minerais ferro-magnesianos, o seixo e o feldespato compoñen normalmente entre o 85% e 95% da rocha.
A textura das rochas silicáticas é determinada pola granulometría e hábito dos cristais, sendo a estrutura definida pola distribución deses cristais. Composición, textura e estrutura representan así parámetros de moito interese para caracterización de granitos e a súa distinción dos mármores.
[editar] O granito na construción
Para o sector de rochas ornamentais e de revestimento, o termo granito designa un amplo conxunto de rochas ígneas, tales coma monzonitas, granodioritas, charnockitas, sienitas, dioritas, diabasas/basaltos e os propios granitos.
Na construción, o granito recibe popularmente o nome de cantería. Inicialmente pesábase que as Pirámides de Gizé están construidas con bloques de granito , pero isto desmentiuse polo estudo das mesmas , o que indicou que eran rochas sedimentarias carbonatadas. Os exipcios esculpían a rocha calcárea e facían bloques de medidas rectangulares que encaixaban perfectamente as unhas cas outras.
[editar] Ver tamén:
Lista de rochas