Olimpíada
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Unha olimpíada é o período de catro anos que media entre distintos Xogos Olímpicos. Na Grecia Antiga constituía unha unidade de medida do tempo, que servía para situar historicamente os feitos.
Na linguaxe xornalística habitual confúndese o termo olimpíada do de xogos olímpicos, porén fagan referencia a conceptos distintos e, en certa medida, opostos, posto que de forma xeral a olimpíada é xusto o tempo que non é xogo olímpico.
Na actualidade (2007) atopámonos na 29ª Olimpíada da era moderna, e os Xogos Olímpicos de 2008 de Beixín serán conseguintemente os Xogos Olímpicos da 29ª Olimpíada. A partir do momento da súa finalización comezará a trixésima olimpíada. Porén, non houbo ata a data 28 Xogos Olímpicos de verán, senón unicamente 25. Os Xogos da sexta olimpíada (Berlín 1916), da duodécima (Helsinki 1940) e da decimoterceira (londres 1944) non se chegaron a realizar por mor das guerras mundiais, pero o calendario de olimpíadas seguiu correndo.
[editar] Curiosidades
- A primeira olimpíada da era moderna durou unicamente dous anos, e non catro, dende a fundación do Comité Olímpico Internacional en 1894 ata os primeiros Xogos de 1896.