Xogos Olímpicos de 1916
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Os Xogos da VI Olimpíada da era moderna nunca se realizaron, por mor da Primeira guerra mundial. Os Xogos íanse celebrar en Berlín, Alemaña.
En maio de 1912, o Comité Olímpico Internacional escolleu Berlín como cidade organizadora dos Xogos da VI Olímpiada, en detrimento de Alexandría e Budapest. Cando se iniciou a Primeira guerra mundial, en 1914 os preparativos dos Xogos non se interrumpiron, pois non se prevía que a guerra durase anos, mais o prolongamento do conflito tornou imposible a realización do evento.