Oneworld
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A oneworld é a terceira maior alianza de aeroliñas do mundo, tras a Star Alliance e a SkyTeam Alliance.
Baseada en Vancouver, Canadá, oneworld foi creada oficialmente en febreiro de 1999, pero xa en setembro de 1998 American Airlines, British Airways, Canadian Airlines, Cathay Pacific e Qantas anunciaban a súa intención de formar unha alianza entre si.
As compañías aéreas integrantes da alianza e as súas afiliadas desfrutan dun alto grao de cooperación entre si, alcanzando máis de 600 destinos nuns 135 países. oneworld opera máis de oito mil voos diarios en todo o mundo, e posúe unha frota de preto de dous mil aeronaves.
[editar] Membros atcuais (incluindo subsidiarias rexionais)
Aer Lingus - vai deixar a alianza en 2007.
American Airlines
British Airways
Cathay Pacific
Finnair
Iberia
LAN
Qantas