Os Chispas
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Os Chispas é un equipo de fútbol sala afeccionado formado integramente por cregos e diáconos católicos da diocese de Ourense.
Representaron a España no Campionato Europeo de Presbíteros, tamén denominado Champions Clerum en dúas ocasións. A primeira delas foi na súa segunda edición, en Zagreb en 2006, onde acadaron a sexta posición.
En 2007 acudiron a Saraievo (Bosnia - Hercegovina) para desputaren a terceira edición do campionato, onde se enfrontaron en primeira rolda ás seleccións de Croacia, Polonia, Italia e Romanía.
Ademais, xogan na liga local de fútbol sala de Ourense. O 30 de maio de 2006 enfrontáronse ao Autos Lobelle nun encontro en beneficio dunha misión diocesana en Ecuador.
[editar] Algúns integrantes do equipo
- Emilio Ricla, porteiro
- Alberte López, ala esquerda.
- Xurxo Valado, volante
- Paulo César
- Roberto Sánchez
- Alberte Diéguez
- Carlos Ricla, dianteiro.
- Xosé Ramón Villar
- Luís Pérez
- Xanca
- Arce
- Fran, porteiro
- Adelino, cerre
- Tomás, dianteiro
- Martín
- Alberte, pivote.