Zagreb
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Zagreb é a capital de Croacia, nela viven 973,667 habitantes (2005), 1.200.000 se contamos a área metropolitana que inclúe Samobor, Velika Gorica e Zaprešić. A cidade localízase na aba do macizo Medvednica, nas beiras do río río Sava. A Universidade de Zabreg que se fundou en 1669 é a máis importante do país. A cidade divídese en 16 distritos (gradske četvrti)
[editar] Historia
Aínda que a rexión estivo habitanda cando menos dende o Neolítico, a primeira mención a Zagreb data do 1094, ano no que o rei húngaro, Ladislao, fundou un mosteiro e ao seu arredor xurdiu un asentamento. A cidade desenrolouse en torno á zona norte da catedral católica, e a partir da fortaleza de Gradec no monte veciño. Actualmente Gracec é o barrio de Gornji Grad, onde se pode atopar un dos mellores conservados núcleos urbanos de Croacia. A diócese e a fortaleza foron atacados polos mongois no ano 1242. Como sinal de gratitude por ofrecerlle refuxio frente os invasores, o rey Bela IV de Hungría e Croacia otorgoulle a Gradec a Bula Dourada, que outorgaba ós cidadáns da vila autogoberno e autonomía, así como seu propio sistema xurídico. De acordo coa lenda, Bela deixou ós habitantes de Gradec un canón para que o disparasen cada día e que non se enferruxase. Desde o 1 de xaneiro de 1877 o canón e disparado desde a torre Lotrscak en Gric para marcar as doce do mediodía.
A principal praza do Gornji Grad está dominada pola igrexa gótica de San Marcos. Foi construida a finais do século XIV e concluise a principios do XV. O campanil barroco foi engadido posteriormente.
A diócese de Zagreb e a vila de Gradec a menudo desputaron polo uso e posesión de terras e muíños. Algunhas veces tamen se enfrentaron por razóns políticos. O término de Zagreb foi utilizado polos barrios da diócese dende o século XVI, cando a cidade se converteu no centro político de Croacia e Eslavonia, unión que se reforzaría décadas máis tarde. En 1850 Gradec e Zagreb uníronse baixo o seu primeiro alcalde -Josip Kaufman.
O ferrocarril foi introducido en Zagreb en 1860. Os barrios da clase obreira situábanse entre a vía do tren e o río Sava, mentres que a construcción de barrios residenciais en torno ó sur de Medvednica foron rematados entre as dúas guerras mundiais.
A zona entre a vía do tren e o río Sava foi urbanizada despois da segunda guerra mundial. A mediados da década de 1950 a construcción de novas residencias no sur do río Sava comezou, dando lugar á Nova Zagreb. A cidade tamén se expandiu cara o oeste e cara o leste, incorporando as comunidades de Dubrava, Podsused, Jarun e Blato, entre outras.
A estación ferroviaria de mercadorías e o aeroporto internacional Pleso, foron construidos na marxe sur do río Sava. A zona industrial máis grande da cidade atópase precisamente no sureste, entre o Sava e a rexión de Prigorje.
Durante a época na que Croacia estivo dentro do Imperio de Austria-Hungría, a cidade tamén se chamaba Agram, a súa denominación xermánica.