Parapente
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Parapente é un deporte aéreo. O seu nome é debido ás súas orixes, "paracaídas de pendente". A xente que practicaba paracaidismo, e tamén alpinismo, atopou un xeito de descenso rápido. Co tempo a feitura dos parapentes foi mellorando de tal forma que na actualidade non só serven para descender botándose dunha montaña, senon tamen de facer auténticos voos remontando sobre o punto de despegue. Isto consíguese a base de aproveitar as correntes térmicas ascendentes igual que fan os paxaros. Na actualidade ás veces pódense facer voos de centos de quilómetros.