Pavel Bazhov
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Pavel Petrovich Bazhov (Павел Петрович Бажов) (1879 - 1950), foi un escritor ruso.
Naceu nunha familia de traballadores en Sisertski Zavod, nos Urais, en 1899 entrou no seminario, foi profesor en Ekaterinburgo. Fíxose xornalista logo da Revolución rusa e escribiu ensaios sobre os Urais como Sucesos nos Urais (1929), pero o que lle deu fama foron as súas coleccións de relatos como O cabalo verde e sobre todo O estoxo de Malaquita (1939). O seu relato A flor de pedra levouse ao cine en 1946 e inspirou un ballet de Alexander Prokofiev en 1954.