Peñalara
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O pico de Peñalara é o máis alto da Serra de Guadarrama (serra pertencente ao Sistema Central) e das provincias de Madrid e Segovia, cunha altura de 2.430 metros sobre o nivel do mar. En consecuencia, é un dos picos máis emblemáticos e importantes deste sistema montañoso. A prominencia media de Peñalara é de 1.200 metros.
No cume desta montaña podemos atopar, aparte do vértice geodésico, unha pequena capela dedicada á Virxe María e varios letreros de madeira indicando varias rutas e os seus tempos de ejecución. O pico de Peñalara está no centro do macizo montañoso de mesmo nome, o cal é de granito e alberga unha serie de picos alineados de noreste a suroeste. Os bosques de piñeiro silvestre que tapizan as laderas desta montaña deixan paso, por encima dos 1.900 metros de altitude ás praderas alpinas e matorrales de alta montaña. A esta altura, e na ladera leste, existe un circo e máis de vinte pequenas lagoas de orixe glaciar onde viven máis de dez especies de anfibios e outros animais de alta montaña. En Peñalara aprenderon os alpinistas máis importantes de Madrid e é unha montaña moi frecuentada por montañeros e turistas grazas aos fáciles accesos que ten.