Perseidas
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
As Perseidas, popularmente conocidas como as Bagoas de San Lourenzo, son unha chuvia de meteoros de actividade alta. O seu período de actividade é longo e exténdese entre o 17 de xullo e o 24 de agosto. O seu máximo é o 12 de agosto con Taxa Horaria Zenital (THZ) 100, o que a convirte na terceira maior chuvia do ano. Sen embargo é a máis popular e observada no hemisferio norte debido a que transcorre en agosto, mes de bo tempo e vacacional por excelencia.
Son meteoros de velocidade alta (59 km/s) que radian da constelación de Perseo o Perseus. Polo tanto, a súa alta declinación (+58º) non permite a súa observación en rexións meridionais, xa que dende o Ecuador alcánzase tan só os 32º de altura.