Poética
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Desígnase poética á ciencia nomotética cuxo obxecto de estudo son as artes, e a Literatura. Para Igor Stravinsky, a poética é un estudo da obra que vai a realizarse, é un facer da orde. Para Greimas, a poética designa o estudo da poesía como a teoría xeral das obras literarias (Greimas e Courtes, Semiótica,"Poética", Dicionario razoado da teoría da linguaxe, 309). Para Todorov, a poética é unha ciencia que estuda o discurso literario; apunta a unha reflexión científica sobre a literatura, situándose non no conxunto de feitos empíricos que determinan as obras literarias, senón no discurso literario. Todorov asume que a obra literaria é unha estrutura abstracta posible, na cal existen constantes discursivas que poden ser estudadas por un estudo científico.
Como disciplina propia do discurso literario, a poética ten un obxecto propio, a literatura, á cal diferenciará formalmente doutro tipo de discursos. Isto débese a que a linguaxe da literatura diferénciase das outras linguaxes porque está constituída por un código poético. Non obstante pódese apoiar nas outras ciencias na medida que a linguaxe forme parte do obxecto. Tales como as disciplinas que traten do discurso. A poética, segundo Todorov, definirase necesariamente en dous extremos, dende o moi particular, ó demasiado xeral. Isto implica que unha xeneralización por medio do discurso, non debe ser inflexible, senón que debe aterse á descrición do específico e do singular (31). Isto significa que se debe teorizar máis ca apelar unha metodoloxía estrita. Como ciencia que se está facendo, a poética de Todorov é unha proposta para o estudo do discurso literario, polo tanto, apenas enuncia as bases da poética, para logo entrar no análise do texto literario.
Tamén se designa poética ó estudo dun autor que fai sobre as súas obras.
Índice |
[editar] Poética de Aristóteles
Na súa Sobre a poética (do verbo poiein, que significa facer, enxendrar) o Estaxirita afirma que todo acto de creación artística é no fondo mímese, imitación. E afirma que polo obxecto de imitación se distinguen as artes, que para el son a danza, a pintura, a escultura, a literatura e a música. Delas, varias se valen do ritmo, o canto e o verso: a poesía dos ditirámbicos, os nomos, a traxedia e a comedia. Todas estas constitúen a literatura:
[editar] Ars Poética de Horacio
A Epístola ós Pisóns do poeta Horacio, máis coñecida como Ars poética, veu a ser un dos piares do clasicismo na literatura. Gaba os modelos gregos como mestres e proporciona consellos técnicos ós poetas noveis. Fronte a Aristóteles, Horacio adopta outro ton, xa que, a diferenza do filósofo, o mesmo é un artista da palabra e pode aportar a súa propia experiencia como creador. O texto conta con trinta apartados delimitados polos vocativos utilizados para chamar a atención dos seus destinatarios, os Pisóns. Valéndose do símil ou comparación ("Así como as árbores mudan a folla ó morrer ó ano ...así tamén perecen co tempo as palabras antigas..." VII), das anécdotas ("Un estatuario de cerca do Circo de Emilio ..." IV), da metáfora ("O atleta que anhela chegar primeiro á meta ... moito tempo se exercitou de neno..."XXIX), e do argumento de autoridade ("Homero nos ensinou ..." VIII) concreta a súa intención didáctica.
[editar] Primeiro curso de Poética de Paul Valéry
No ano de 1937 na Lección inaugural do curso de Poética no College de France, Paul Valéry dicta a primeira lección do curso de Poética. O seu problema a resolver: revalorar a poética non como unha suma de regras formais fixas na cal se determinaba cómo se debía facer arte. Senón en pensalo como un facer “O facer, o poiein do que me quero ocupar, é aquel que se acaba nalgunha obra e que chegarei axiña a limitar a ese xénero de obras que se deu en chamar obras do espírito” (Válery, 108). Este facer que está no uso do seu espírito, e que emprega tódolos medios físicos, sen limitarse ás propias regras, será o obxecto de estudo na creación.
[editar] Poética musical
ver enlace externo: Razóns para unha poética lingüística do discurso musical.