Polbo á feira
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Atención: Este artigo precisa un traballo de revisión.
Por favor vexa a lista de Artigos con problemas e mellóreo de acordo coas indicacións que aparecen nesa páxina. Cando os problemas se resolvan retire esta mensaxe e borre a páxina da lista de artigos con problemas, pero por favor non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado.

O Polbo, dise tamén Pulpo en castelán, Octopus vulgaris lle chaman os científicos, o primeiro polos oito brazos e o segundo será por recochineo porque agora ata hai que poñelo en veda, en outros tempos non moi lonxes dos nosos dias si que abundaba pero era tan feo coma sabroso. Os brazos rodeanlle a boca, teñen na cara intema unha dobre fila de ventosas e son sempre o dobre ou triplo da altura do corpo, con eles desprázanse polo fondo do mar.
Outra característica moi súa é o de expeler tinta cando se cren en perigo e tamén o de mimetizarse cambiando de cor según se conveña. Os seus ollos lenticulares ven imaxes bastante claras. A boca ten coma un bico de paxaro que tritura todo o que lle poñan diante, ata cunchas, por algo o que mais lle gosta son as nécoras. Poden chegar a rebosar o metro e medio e pasar dos 15 quilos.
Onde vive? Pois está claro que no mar, nos primeiros 100 metros de profundidade, góstanlle os fondos rocosos porque se pode agachar entre as pedras. Son moi caseiros e non queren convidados na súa casa ou cuncheira, as súas relacións sociais son ben limitadas e cando máis se cabrean con outros machos é por culpa dalgunha femia (a reproducción dos polbos faise no inverno cando se achegan á costa e as femias deixan os ovos pegados ás rocas). .
O polbo é un producto tradicional, moi afamado e relacionado con Galicia, os galegos de feito, teñen inventado moitas artes de pesca para collelos; porén, a peixería do polbo tamén é moi importante. Os que son procedentes da coste galega teñen unhas caracteristicas que diferencia dos de fôra: cor ocre brillante, tamaño, sabor...
Eiqui unhas recetiñas caseiras para saborealo e moi fáciles de preparar:
[editar] Polbo á feira
lngredentes:
- I polbo de 1 quilo
- pemento picante
- pemento doce
- aceite
- sal groso
Instruciôns:
- Mellor utilizar un polbo conxelado pois así evitamos ter que mazalo para que non salla duro.
- Unha vez desconxelado ponse a ferver auga abundante e cando esté fervendo colles o polbo pola cabeza e mergúllalo unhas cuantes veces na auga (meténdoo e sacándoo) para que solte a pel.
- Deixámolo cocer de 40 a 50 minutos, dependendo do tamaño do polbo.
- Unha vez cocido, escurrímolo e cortámolo cunhas tesoiras.
- Sírvese nun plato de madeira aliñado con sal groso, aceite e pemento.
- Dependendo do forte que o queiramos engádese o pemento picante, doce ou mesturado.
[editar] Polbo encebolada, ou à mugardesa
lngredentes: Polbo (variante da receta anterior)
- dúas cebolas grandes
- un dente de allo
- aceite, sal, pemento doce
- viño branco
Preparaciôns:
- Nunha tixola sofritese a cebola e o allo, cando estén pochadas engádese un pouco de pemento doce (ó gusto) e un chorriño de viño branco, bótase logo o polbo, e deixase cocer máis ou menos 15 ou 20 miutos.
- Acompañado de patacas cocidas ou con cachelos, queda moi ben.