Pontedeva
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Pontedeva | |
---|---|
Situación | |
Xentilicio 1: | Pontedevés - Pontedevense |
Xeografía | |
Provincia: | Provincia de Ourense |
Comarca: | Terra de Celanova |
Área: | 10 km² |
Entidades de poboación: | 29 |
Capital do concello: | Aldea de Deva |
Latitude e lonxitude: | |
Altitude máxima: | 410 m. |
Altitude mínima: | m. |
Zona horaria: 2 | UTC + 1 |
Demografía (2004) | |
Poboación: | 647 hab. |
Densidade: | hab./km² |
Uso do galego 3 (2001) | |
Galegofalantes sobre o total da poboación: | 99 % |
Falantes do galego no tramo 5 a 29 anos | |
Sempre: | 99 % |
Ás veces: | 0,80 % |
Nunca: | 0,20 % |
Política (2003) | |
Concelleiros 4: | PPdeG 4 (228 votos - 44,79 %) BNG 0 (4 votos - 0,79 %) PSdeG-PSOE 2 (163 votos - 32,02 %) Outros: 1 (114 votos - 22,40 %) |
Alcalde: | José González Marquina (PP) |
Eleccións municipais en: 'Pontedeva' | |
Censo electoral (2003) | |
Total electores: | 647 - 100 % |
Votantes: | 509 - 79 % |
Abstencións: | 138 - 21 % |
Votos en branco: | - % |
Votos nulos: | - % |
Orzamentos 5 (2000) | |
Total ingresos: | € |
Tributos propios por habitante: | € |
Transferencias por habitante: | € |
Consumo público por habitante: | € |
Gasto de capital por habitante: | € |
Enderezos | |
Enderezo físico: | Outeiro, 15 32235 Pontedeva |
Teléfono: | 988 49 50 05 |
Fax: | 988 49 50 05 |
Código Postal: | 32.064 |
Correo electrónico: | |
Sitio web oficial: | - |
|
|
Notas: | 1 Véxase no Galizionario. 2 No verán: UTC + 2. |
Pontedeva é un concello da Provincia de Ourense en Galicia. Pertence á Comarca da Terra de Celanova.
Poboación en 2004: 647 persoas segundo o Padrón municipal de habitantes (664 en 2003).
Xentilicio (véxase no Galizionario) : Pontedevés - Pontedevense
Evolución da poboación de: Pontedeva - desde 1900 ata 2004 - | ||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 |
1.296 | 1.161 | 1.429 | 868 | 647 |
Fontes: INE e IGE
(Os criterios de rexistro censal variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Índice |
[editar] Descripción Xeográfica
O concello de Pontedeva pertence á comarca da Terra de Celanova, situada no sector suroriental da provincia de Ourense. As súas dúas parroquias esténdense por 10 quilómetros cadrados, cunha poboación de 650 habitantes. O seu linde polo norte é o concello de Cortegada, polo sur co de Padrenda; ao oeste co concello pontevedrés de Crecente e ao leste co municipio ourensán de Gomesende.
No referente ao seu relevo, o concello está constituído fundamentalmente por un grande val, formado grazas ao río Deva, que pasa polo concello e que fai de linde polo norte. Varios dos seus afluentes atravesan o municipio. Este val ten terras moi boas para o cultivo. As zonas máis elevadas son as terras situadas na parte máis occidental do concello e nos lindes co municipio de Padrenda, sendo o cumio máis elevado, Penedo do Monte. O seu clima é oceánico e as árbores máis abundantes son os carballos, piñeiros, eucaliptos e algúns castiñeiros.
[editar] Historia
Hai evidencias de que estas terras estiveron poboadas antes da chegada dos romanos. Así, unha proba da existencia destas culturas prerromanas son os castros que hai nos lugares de Valiño e A Senra.Tamén se pensa que por aquí pasou unha vía romana que favorecería os posteriores asentamentos no concello.
Na época medieval, o marqués de Malpica era, ata finais do século XVIII, quen se encargaba de impartir a xustiza ordinaria así como de cobrar os impostos, xa que estas terras pertencían ao seu señorío. Estaban baixo a xurisdición de Milmanda.
Posteriormente formou parte do partido xudicial de Celanova dende o ano 1820, pero no ano 1965 foi incorporado ao partido xudicial de Ourense. Por último, en 1988 rematou pertencendo ao de Ribadavia.
Este concello tamén sufriu as consecuencias da emigración de mediados do século XX. Esta é unha das causas do envellecemento da poboación, pasando dos 60 anos unha grande parte da súa poboación.
[editar] Monumentos e Aspectos Turísticos
No concello de Pontedeva Destacan os seguintes monumentos:
- a ermida de San Xusto na parroquia de Trado,
- a igrexa de San Breixo na parroquia de Pontedeva,
- a capela de Xinzo de Deva,
- a igrexa de San Paio en Trado,
- a capela da Madalena en Freáns de Deva.
A parte destes monumentos antigos tamén podemos atopar diversas construccións históricas como:
- a antiga cárcere en Freáns,
- a Ponte de Xinzo,
- o Pazo na Aldea,
- o Pazo en Trado.
Ademais, en Pontedeva pódese gozar dunhas fermosas vistas panorámicas, un dos principais atractivos é a pesca que antigamente era unha actividade bastante popular no río Deva aínda que nos últimos anos diminuíu por culpa da construción dunha minicentral hidroeléctrica en Quintela.
[editar] Véxase tamén
Referencias relacionadas con Galicia |
||
[editar] Parroquias
Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Pontedeva | |
---|---|
Pontedeva (San Breixo) | Trado (San Paio) |