Provincia de Ourense
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Capital | Ourense |
Área | 7273 km2 |
Poboación | 339.555 |
Densidade | 46.49 hab./km² |
Concellos | 92 |
Xentilicio | Ourensán, Ourensana |
Ourense é unha das catro provincias de Galiza. Atópase na parte sureste do país e limita ao oeste coa provincia de Pontevedra, ao norte coa provincia de Lugo e ao sur con Portugal. A súa capital é a cidade de Ourense.
Índice |
[editar] Datos Xeográficos
[editar] Localización
Provincia Sur-Oriental da Galiza. Limita, a saber:
- Ao Norte, coas provincias de Lugo e Pontevedra.
- Ao Oeste, coa provincia de Pontevedra.
- Ao Sur, con Portugal.
- Ao Leste, coas provincias castelán-leonesas de León e Zamora.
[editar] Superficie, Demografía
A provincia de Ourense ocupa 7273,26 km². Neles, vive unha poboación de 342.213 habitantes.
Como resultado, Ourense ten unha densidade de Poboación duns 47 hab/km², a segunda máis baixa de Galicia. En canto a superficie, tamén é Ourense a segunda provincia máis pequena de Galicia, pois só é menos extensa Pontevedra.
[editar] Orografía
É unha provincia cunha altitude media non moi elevada, pero moi montañosa.
Con todo, nesta provincia atópase o punto máis elevado da Galiza, que é o cumio de Pena Trevinca, con 2124 metros de altura.
[editar] Hidrografía
A provincia Ourensá vese percorrida por infinidade de ríos. Deles, o máis importante é o Miño, recén afluído o Sil neste, nun punto do límite coa provincia de Lugo.
[editar] Climatoloxía
O clima da maioría da provincia é Continentalizado, abandonando os tintes de climatoloxía oceánica, predominantes en grande parte da Galiza.
Este cambio de clima, dase pola súa situación interior, suficientemente afastada do océano.