Porto serie
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Un porto serie é unha interface de comunicacións entre ordenadores e periféricos onde a información se transmite bit a bit, enviando un só bit ó mesmo tempo. Diferenciase así do porto paralelo, no que se envían varios bits á vez.
[editar] Porto serie tradicional
O porto serie por excelencia é o RS-232(tamén coñecido como COM) que utiliza cableado sinxelo dende 3 fíos ata 25, e que conecta ordenadores e microcontroladores a todo tipo de periféricos, dende terminais a impresoras e modems, pasando por ratos e teclados.
A interface entre o RS-232 e o microprocesador realízase, xeralmente, mediante o integrado 82c50.
O RS-232 orixinal tiña un conector tipo D de 25 pins, sen embargo, a maioría deses pins non se utilizaba, polo que IBM incorporou tralo seu PS/2 un conector máis pequeno de tan só 9 pins, que é o que se utiliza na actualidade.
En Europa, a norma RS-422 de orixe alemá é tamén un estándar moi utilizado no ámbito industrial.
[editar] Portos serie modernos
Un dos defectos dos portos serie iniciais era a súa lentitude en comparación cos portos paralelo. Sen embargo, co paso do tempo están a aparecer multitude de portos serie de alta velocidade que resultan moi interesantes debido ás avantaxes do menor cableado. Estes novos portos serie solucionan o problema da velocidade cunha maior cobertura dos cables e resultan máis baratos utilizando a técnica de par trenzado. Por esta razón, o porto RS-232 e mesmo multitude de portos paralelo están a ser substituídos por novos portos serie como o USB, o FireWire ou o Serial ATA.
Un porto de rede pode ser serie ou paralelo.