Ordenador
Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Un ordenador ou computador é unha máquina que realiza cálculos e controla operacións expresadas en termos lóxicos e numéricos.
Configuración hardware: Un ordenador está construído cunha serie de compoñentes físicos ou hardware, cada un executando funcións específicas, e mantendo unha complexa interacción entre eles. Os compoñentes hardware básicos de todo ordenador son:
- Procesador central ou CPU: constituíndo o núcleo central, encarregado do cálculo e execución.
- Dispositivos de almacenamento: almacenan temporalmente a información necesaria. Os dispositivos máis importantes nesta categoría son
- a memoria RAM: para o almacenamento a curto prazo.
- o disco duro: para o almacenamento a longo prazo.
- Dispositivos de entrada/saída: encarregados de facilitar o fluxo de información desde/cara ao ordenador.
Configuración sofware ou programas: Un ordenador executa un programa software ou conxunto de instruccións (operacións) expresadas en termos lóxicos e numéricos.
[editar] Funcionalidade
A función básica dun ordenador é o procesamento de información: un ordenador procesa unha informacion que recebe, nun formato predefinido, do exterior, procésaos dacordo a tal programa e devolve unha serie de datos de saída, noutro formato específico.
As función suplementarias máis importantes son:
- o almacenamento de información, que realiza antes, durante e/ou despois do seu procesamento.
- a entrada e saída de información do ordenador.